3.6166666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.62 (60 Votes)
O pobo camariñán asistío en masa a unha misa e procesión do Corpus Christi multitudinarias como nunca
O pobo camariñán asistío en masa a unha misa e procesión do Corpus Christi multitudinarias como nunca

Impresionante demostración de fervor popular

Ante as palabras surxidas nalgúns ámbitos a raíz dos sucesos tristemente acaecidos na nosa vila nos últimos tempos, os feitos: unha impresionante demostración de fe e cristianismo do pobo camariñán na gran festividade da Igrexa Católica adicada a celebrar o sacramento da eucaristía. Centos de veciños non quixeron perderse a ocasión de desfilar ao longo dunhas rúas da Vila dos Encaixes engalanadas como nunca nunha das procesións sinaladas do noso calendario relixioso na que era unha espléndida mañán soleada e veraniega. Asemesmo esta foi a data elexida polos pais para celebrar a Primeira Comunión de dúas fermosas rapaciñas, Ángela e Sara, e de dous apostos rapaces, José Antonio e Borja, destacando as elegantes comitivas que acompañaban a estes catros rapaces camariñáns para os que o domingo 6 de xuño de 2010 quedará enmarcado en letras de ouro para o resto das súas vidas. Aquel no que recibiron por vez primeira o Corpo de Cristo. Camarinas.eu, a web católica por excelencia da Costa da Morte, non podía faltar a un día clave da vida de catro rapaces camariñáns e a unha procesión plena de fervor e catolicismo, que plasma nunha impresionante galería fotográfica de 130 imaxes.

Comentarios   

Beldoña
0 # CORPO DE XESUSBeldoña 11/06/2010 21:06
Corpo de Xesús sacramentado,
Corpo de Amor por nos maltratado,
Corpo de Cristo no pan consagrado,
Sexa Vos por sempre adorado.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.