Unha Comunión cun padriño inmellorable 

Alexander, o rapaz de nove anos que este domingo 29 de maio celebrou en Camariñas a súa Primeira Comunión
Alexander, o rapaz de nove anos que este domingo 29 de maio celebrou en Camariñas a súa Primeira Comunión

Este domingo 29 de maio nesa mesma misa de 12:00 da mañán que posiblemente leve celebrándose en Camariñas dende a orixe dos tempos, aparte de darse a coñecer a lamentable noticia que empañou de dor e pena a alma das boas xentes e que tanto revuelo levantou nalgunhas webs vinculadas ao mundillo do nacionalismo máis radical, levouse a cabo un acto entrañable e festivo, chamado a quedar enmarcado en letras de ouro na vida dun rapaz de oito anos. Estamos a falar da Primeira Comunión de Alexander, fillo de Víctor Rodríguez, veciño de Morpeguite, camioneiro de profesión e membro de Protección Civil de Camariñas e de María González Carril, veciña da Vila dos Encaixes e pertencente a unha familia moi querida na mesma. Como padriño foi elexido nin máis nin menos que o irmán de María, o noso querido amigo e usuario Jose O Ranchito. O feito de que Víctor e María residan actualmente en Cee non obvia que o seu corazonciño estea permanentemente en Camariñas e así a comunión de Alexander celebrouse na Igrexa Parroquial de San Xurxo e, contando co privilexio de contar como padriño con semellante lobo de mar, unha vez sacadas as fotos de rigor a comitiva encamiñouse cara un coñecido ristorante xaviñán onde tivo lugar o ágape de celebración. Unha parella que se mostraba moi ilusionada polo feito de que a comunión do seu primoxénito (o benxamín da familia chámase Iván e conta con dous anos de idade) se publicara en camarinas.eu e así os familiares residentes na Arxentina e Suiza puideran visionar a comunión de Alexander. Pois nada,aquí cumprindo ca nosa función de nexo de unión dos camariñáns residentes a ambos lados do Atlántico, procedemos a publicar a noticia e a felicitar a Alexander pola súa comunión e por contar cun padriño (e a madriña igual, que non se nos enfade) de semellante valía. ¡¡FELICIDADES!! 

{multithumbs}

Comentarios   

maika
+2 # RE: Comunion de Alexander en Camarinasmaika 03/06/2010 21:35
mui wapos si señor,ea ivansiño pa comelo do ben ke saliu nas fotos
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Comunion de Alexander Rodriguez Gonzalezlucia018 03/06/2010 22:40
Moi wapo Alexander nas fotos,Moitas felicidades.Un biko :-)
Responder | Denunciar ante o administrador
Nuria Santos R
+1 # Comunión AlexNuria Santos R 03/06/2010 22:51
Salimos todos moi guapos, e por suposto que o padriño é inmellorable, pero o rapaz, que ten 8 anos, non 9, tamén ten madriña eh!!! Non é ningunha loba de mar, nin é de Camariñas pero...
Felicidades e bicos da túa madri, Alex!
Responder | Denunciar ante o administrador
rancho
+1 # comunionde alexrancho 03/06/2010 23:04
todos moi wuapos e sobre todo a madriña que poucos a coñecen e as primas todas
Responder | Denunciar ante o administrador
lampra
+1 # comunion de alexlampra 03/06/2010 23:14
todos moi wapos e a madriña estupenda e preciosa como siempre e as primas de alex todas moi bonitas pero a estrella foi alex e o pequeno ivan
Responder | Denunciar ante o administrador
Nuria Santos R
0 # Comunión de AlexNuria Santos R 03/06/2010 23:39
Bueno, menos mal que polo menos agora Alex xa ten madriña. Gracias pola rectificación.
Gracias Jose, polos piropos!! Sin dúbida, a estrela é Alex e o seu irmán Iván.
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # RE: Comunion de Alexander Rodriguez Gonzalezreira 03/06/2010 23:23
Moi bonitas fotos bueno con xente tan guapa tamen as sacaba eu eh diego jaja e brona noraboa jose e familia e os cativos estan muy ben saludiños chaval
Responder | Denunciar ante o administrador
morpequite
-1 # alexmorpequite 03/06/2010 23:28
nuria ,loba de terra,DA ALDEA,xa qe de nos, non se acordan, felicidades alex un bikiño para todos
Responder | Denunciar ante o administrador
morpequite
0 # alexmorpequite 03/06/2010 23:35
bueno e o rapaz ten oito ou ten nove anos,porque a este paso despois de tanto viaxar da aldea para o mar,non sei nin cantos ten
Responder | Denunciar ante o administrador
rebecasuiza
0 # comunion primo alexrebecasuiza 05/06/2010 22:57
moi wapo si señor e o seu irman super crecido...graci as polas fotos a verdade q a familia de suiza pensa en vos...bikos.
Responder | Denunciar ante o administrador