4.0697674418605 1 1 1 1 1 Rating 4.07 (86 Votes)
O mazazo saltaba na misa de 12:00 do domingo 30 de maio: hondamente afectado, Don Jesús daba a coñecer á estupefacta multitude de feligreses que nese intre ateigaba a igrexa parroquial de San Xurxo que con posterioridade ao acto de confirmación levado a cabo na tarde do venres 28, cando se procedía a efectuar as labouras de limpeza do templo, foran atopadas no chan, tiradas na zona dos bancos onde anteriormente estuveran sentados os xóvenes participantes no acto de confirmación, dúas das sagradas hostias que foran impartidas aos mesmos. Dende o punto de vista da doctrina católica elo equivalía nen máis nin menos que a un sacrilexio e así o fixo saber Don Jesús, quedando dende ese momento as dúas sagradas formas, o Corpo de Cristo, baixo a custodia cunha veliña a cada lado das nosas queridas monxas e un letreiro na porta do templo parroquial comunica aos seus visitantes que tódalas tardes ás 19:30 horas, como acto de desagravio en reparación pola ofensa inxustificada e incomprensible inferida ao máis sagrado dos símbolos cristianos, procederase á Adoración do Altísimo. Aquí en camarinas.eu non saímos do noso asombro e entendemos que os dous presuntos responsables da ofensa non son representativos do amplio grupo de xóvenes camariñáns que respetuosa e alegremente participaron este venres no acto de confirmación da fe cristiana polo que non parece xustificado que unha sospeita indiscriminada recaía sobre todos eles. Os responsables serán sempre e ante todo culpables ante si mesmos. En fin, un acto deleznable que non debe enturbiar para nada a devoción e catolicismo característicos do pobo camariñán, tal e como puidemos comprobar este derradeiro domingo co descenso da Virxe do Monte. Con todo, non se deberían olvidar as palabras de vez en cando repetidas aquí en camarinas.eu: estamos ante unha España non só arruinada económica senón tamén moralmente...

Comentarios   

YUYU
+2 # Vaia por DiosYUYU 02/06/2010 11:41
Non son Catolico e paso da Igrexia. Creo en Xesus a miña maneira, pero penso que esto que xe fixo en Camariñas foi un acto lamentable. Si non tes as mismas ideas que os demais polo menos respetaas. Unha persoa que fai isto muy normal non debe ser.. para que se molestou en ir a misa si logo fai isto.
A miña conclusion e que so puido ser un acto probocador.
Respeto polos demais e polas suas ideas. A ralixion e algo opcional pero a educacion e algo que todos deberiamos ter.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010Beldoña 02/06/2010 13:19
Para aqueles que somos católicos, a Sagrada Forma non é un simbolo da nosa relixión, é, nin mais nin menos, que o corpo de Xesús presente con nós ata o fin do mundo. Por ela, os nosos predecesores na fe, partiron a defender os lugares santos de Xerusalén, en aquelas Cruzadas que duraban anos lonxe da suas familias. Por esa Hostia Divina, erguéronse, sobre todo na Idade Media, as mellores xoias catedralícias do románico, do gotico, do mudéjar, mozarabe ou renacentista?Po r esa Sagrada Forma, temos a iglesia que temos, onde se casaron, confirmaron ou bautizaron os nosos antepasados, ou nos mesmos e ali levarannos algún dúa para presentar ante El o noso corpo finado.
Por todo, tan só alguén que é un tolo ou un irresponsable ( pola sua corta idade), pode profanar dese xeito o Corpo consagrado de Xesús.
Que El lle perdone, non sabian o que estaban a facer.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
-1 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010Mikel 02/06/2010 14:01
Sin comentarios
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
-1 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010Mikel 02/06/2010 14:03
.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010Mikel 02/06/2010 14:25
si foron intencionadas esas dúas formas,nn ten xustificación por parte de quen o fixo...a min estráname moito...haberá xente q poda facer eso nesta xuventud?...non sei..ojalá q nn
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010toxo 02/06/2010 16:10
a min pareceme que fui unha caida o chan sin a maior intencion.
en que cabeza cabe que un vai ir a misa,ajuantarla enteira y a hora de comuljar tirar o chan a ostia y deixala debaixo do banco.
si fose un agravio intencionado xa se encarjarian de que tivera mais estilo.
e mui probable que o cura ou o feligres tiveran nerviosos pola ceremonia y o temblor das mans traicionaron as formas eucaristicas caendo o chan as ostias,que ben puderon estar pejadas entre si.
con so mirar as fotos dos concurrentes a misa darebos conta de que non pode haber mala intencion en ningún deles.
e a miña opinion, que ben pode ser equivocada como a maioria das veces.
AMEN
Responder | Denunciar ante o administrador
sii mas
+2 # educacionsii mas 02/06/2010 17:51
Pero esto non é unha sorpresa, si vemos o declive da sociedade camariñana esto xa e o golpe de gracia. Seguro que si fora un cubata non o tirarian, e non lle poñades a culpa os curas, que hasta agora cumpliron ben, poñedelle os nosos fillos que cultura e respeto teñen pouca.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose_a._Ráb.
+1 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010Jose_a._Ráb. 02/06/2010 20:07
Eu von dar a miña opinión como todos,cando vas comulgar an que a collas ca man tes que tomala diante do cura non na vanca e outra ainda por riba non a tiras masticada escupida e pisada,eu creo que cando vas faser a confirmasión como os que fixeron eso tiñan que saber ben o que estaban fasendo o que non sabian que consecuensias podian traer porque non teñen idea de nada.E porque non teñen idea porque non saben nada da historia porque cando lles estan explicando estan nas versas,e nos colexios xa non queren a relixion pq lles da todo igual.Todo lles parese aburrido este mundo vai moi mal encamiñado.E dos nervios da ceremonia teriana pero un cura non vai o medio das vancas a tiralas non hai que defender a ninguen eu creo que non se obliga ninguen a faser nada e se non querian ir que non foran e todos mais tranquilos pq eso xa e perder o respeto a todo e non ahi nin palabras pa eso (son novos e non teñen sentido)pero pa outras cousas teñen ven de sentido.En fin eu dijo que no tempo que estamos non se obliga nadie a nada, entonces un pouco de respeto porfavor e non ahi disculpas.Son chavales que teñen que estar preparados para a confirmación e saben o que fan.
Responder | Denunciar ante o administrador
el_jefe
0 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010el_jefe 03/06/2010 13:45
Que pena,a esos chavales entre otras cosas les ha fallado la educación en sú casa,que es la primera y la más importante que recibimos,para mí estos chicos son ni más ni menos que el reflejo de sús padres,como tod@s lo somos.Como no luchemos los Católicos por nuestra religión,por la religión de nuestros padres y nuestros antepasados,otr as se irán acoplando y eliminando la nuestra,este gobierno quiere quitar los crucifijos de las aulas,pero proteger a las personas que llevan el velo,¿qué está fallando?
Responder | Denunciar ante o administrador
Langhran
-2 # RE: Confirmacions en Camariñas 2010Langhran 03/06/2010 18:58
Creo que se o tema fora poñelas escolas mirando cara a meca, todos estaríamos en contra .. Do mesmo xeito que eu podía ir ao colexo cunha cresta de colores se me salía da piroliña ... un rapaz/za poderá ir cun velo ou cun crucifixo ... é parte da liberdade de expresión que, a lei dos homes, gracias a dios, permite! xDDD

Por outra banda o que fixeron os rapaces non ten escusa ningunha . Eu non creo en dios e vexo a igrexa como quen mira zara .. un negocio ben montado e punto . Pero por coherencia, educación e o máximo respecto non participo no seu proselitismo e adoctrinamento de menores.

E digo non participo por dicir .. porque cos meus impostos págase o funcionamento de hospitais e colexios católicos que non levan ningún tipo de control estatal, finánciase o arranchamento do seu patrimonio: igrexas, fundacións, mosteiros, museos, .... Soldos de capelláns militares e nos hospitais PUBLICOS, así como cando pos especificamente na declaración que os teus cartos vaian parar a fins sociais . Estes cartos son xestionados por caritas, manos unidas e outras moitas ao servizo da santa madre igrexa .

Por non falar das exencións fiscais que teñen, as leis feitas á medida para rexistrar propiedades sen pasar por notario ningún ou as visitas do papa pagadas por todos nun estado que se di ACONFESIONAL .
Responder | Denunciar ante o administrador