Cabaleiros Lexionarios en Camariñas

Fotomontaxe do acto celebrado este domingo en Camariñas no que se reuniron os veteranos da lexión no  CNC
Fotomontaxe do acto celebrado este domingo en Camariñas no que se reuniron os veteranos da lexión no CNC

Dende que fora creada alá por 1920 polo militar coruñés José Millán-Astray como corpo de élite do exército español, a relación da Lexión Española co Concello de Camariñas discurrío por cauces máis ben discretos. Ata que no caluroso e sahariano domingo 23 de maio de 2010, e baixo as dotes organizatorias dun dos poucos cabaleiros lexionarios existentes nestas terras, o camellán Juan Piñeiro, tres autobuses repletos de Veteranos da Lexión no antigo Sahara español visitaron a nosa vila con motivo do seu VI Encontro Nacional. Os actos programados en colaboración co Concello incluiron dende visitas guiadas pola costa ata unha multitudinaria comida no Salón de Actos do Club Náutico, incluindo unha actuación da Coral Municipal, un encontro cas asociacións de palilleiras e unha visita ao Museo do Encaixe. Este mesmo día no que se reunían estes veteranos da Lexión tamén pudemos comprobar da man de Señor Chuquiño e do Señor Paco de Fisterra como eles participaran na Guerra de Ifni, que enfrontara nos anos 1957-1958 a España con Marruecos polo control destes territorios que naquel entonces estaban baixo a administración española como parte das súas posesións no Sáhara Occidental. Contan estas dúas leyendas de Camariñas e tamén veteranos desa mesma guerra que mentras estaban facendo a mili saltou o conflicto e mandáronos como tropa de apoio para a zona embarcados nos buques Cervera (Chuquiño) e na Fragata Canarias (Paco de Fisterra) e que foron moitos os que alí pereceron nos desembarcos que se realizaban para defender as posesións españolas. Como aquí en camarinas.eu somos mui patriotas, non podíamos non acompañar a unhas xentes que o deron todo pola Patria baixo as circunstancias máis difíciles na que era a súa primeira visita oficial a Camariñas e firmamos unha señora reportaxe.


Andaba este domingo o noso querido amigo Argimiro, concesionario da cafetería do Club Náutico, un pouco máis nervioso do habitual e era porque as circunstancias non eran para menos: o Salón de Actos do CNC posiblemente rexistraba o maior cheo da súa historia con motivo da visita que dentro dos actos programados no seu VI Encontro Nacional realizaba unha amplia delegación de veteranos da Lexión Española a Camariñas. Así, eran pasadas as 14:30 cando de tres autobuses completamente ateigados baixaban na explanada do Muelle Novo preto de 200 comensais provintes de tódolos rincóns de España e que foron recibidos cunha impresionante muiñeira interpretada pola Asociación Cultural Abrindo Rejo, de Xaviña. A organización do evento recaío no camellán Juan Piñeiro e en Roberto Maseda, natural de Ribadeo e antigo membro das Tropas Nómadas e foi organizada en colaboración co Concello de Camariñas, motivo polo cal Juan Piñeiro honrou ao noso municipio cun pequeno agasallo que foi recibido polo concelleiro Sergio Caamaño en nome do Alcalde Pichurri, neses momentos presente nos actos de conmemoración do Trofeo "125 anos Conservas Boya", a quen o veterano da Lexión natural de Camelle agradeceu efusivamente á súa colaboración e posta a disposición en todo. Os saharianos, tal e como lles gusta ser chamados aos veteranos españois que serviron dentro dos tercios da Lexión na Sahara, organizan anualmente un encontro que os leva a distintos puntos de España, sendo recollidas tódalas incidencias, imaxes, noticias, relatos, etc... deste colectivo na súa propia páxina web (www.sahara-mili.net), sendo este ano o destino das súas viaxes a Costa da Morte, e dentro da mesma, a súa principal xoia: Camariñas, motivo polo cal sen dúbidas os nosos Cabaleiros Lexionarios estaban encantados este caluroso e sahariano domingo de finais de maio de 2010.

Comentarios   

Beldoña
0 # A guerra con Marruecos...Beldoña 24/05/2010 16:59
Recordo eu que, por aqueles anos 1957-58, eu inda era un neno e todavía non habiamos marchado de Camariñas.Cando estalou a jerra con Marruecos todo o mundo tiña moito medo, pois a nósa Guerra Civil estaba moi preto da memoria de todos.Creo recordar que era en Cabo Bojador onde estaba destinado Pedro (qepd)tio da nosa amiga Lupe Toda a súa familia, andaba moi preocupada polos acontecementos. ..O meu pai, amigo de todos eles, dixolles: "estade tranquilos que xa vai a LEXION, e alí onde eles van, todo queda baixo control".E así foi; pouco durou aquela contenda.
¡¡¡VIVA LA LEGION Y VIVAN NUESTROS EJERCITOS!!!

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador