- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 10 Mai 2010 10 Mai 2010

Maruja da Lus cumpre 91 pletóricos anos rodeada do calor e do cariño dos membros da súa familia
Hoxe cumpre 91 anos Maruja da Lus
Nunha terra na que non é raro que as mulleres cheguen aos cen anos, este 10 de maio de 2010 cumpre 91 anos María Pura Caamaño Castro, máis coñecida como Maruja da Lus na Ponte do Porto, vila na que leva vivindo dende hai xa moitos anos nunha humilde casa do Barrio da Esquipa rodeada do cariño e respeto da súa familia e dos seus veciños. Unha muller que nacía en Cures (Vimianzo) alá polo 1919, tan só tres días despois de que o fixera a célebre primeira dama arxentina Evita Perón, e que despois da man do que foi o seu esposo Francisco Rodríguez Valiña mudouse a vivir cara unha vila porteña que xa nunca abandonaría. E precisamente no día de hoxe, a súa neta Natalia González Rodríguez en nome de toda a súa familia quere felicitar públicamente á súa adorada avóa no día no que chega a uns pletóricos 91 anos a través do medio de comunicación que cada día que pasa axiganta o seu dominio na Costa Atlántica. E cumpre esta avanzada idade en plena forma, con todas as súas facultades intactas e e esperando ilusionada e ansiosa como corresponde a unha veciña porteña de toda a vida a que cheguen as sagradas festas de San Pedro. Por todo elo, Dona Maruja, dende camarinas.eu desexámoslle un ¡¡FELIZ CUMPREANOS!!Dedicatoria da súa neta Natalia González Rodríguez
Hoxe día 10 de Maio queremos felicitar á nosa avóa María Pura Caamaño Castro, coñecida coma "Maruja da Luz", nacida en Cures pero veciña da Ponte do Porto dende que ela e máis o seu marido Francisco Rodríguez Valiña (natural de Pasarela), elixiran esta localidade para crear o seu fogar. Palilleira de profesión, quedou viuda mui nova e tivo que sacar adiante ós seus 7 fillos coa axuda da súa irmá Oliva e tamén da súa sogra "A Riquela".
Ós seus 91 anos Maruja goza dunha excelente saúde envidiada por todos, inclusive os seus 13 netos xa que aínda vive soa na súa casiña da Rúa Esquipa onde se encarga de tódalas labores da casa, cociña e ata palilla no seu tempo libre. Vai a andar tódolos días polo paseo marítimo e lee moitas veces sen gafas, sendo a súa lectura preferida os libros de medicina e as revistas do corazón. Cando chega San Pedro é a encargada de facela comida para toda a familia.
Dende aquí queremos facerlle saber o orgullosos que estamos dela e o moito que a queremos.
¡¡Felicidades abuela!!
Esto vai da parte dos seus 7 fillos, 13 netos, 5 bisnetos e demáis familia.
P.D.: Aquí adxuntamos varias fotos que sacamos cando celebramos o ano pasado o seu 90 cumpreanos no que nos xuntamos a meirande parte da familia.
Comentarios
Que sija cumplíndo moitísimos máis, con salud,para alegría da súa caswa e de todos nós.
Antonio Puertas
felicidades abuela!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.