Voda nun entorno idílico

Laura e Endika posan, felices e namorados, co máis fermoso dos faros do mundo como telón de fondo
Laura e Endika posan, felices e namorados, co máis fermoso dos faros do mundo como telón de fondo

O acontecido este sábado 1 de maio de 2010 ás 17:00 horas no Lugar do Cotariño pode ser o inicio dunha fermosa amistade: aquela xurdida entre a Vila dos Encaixes e as parexas de noivos que alleas nun principio á mesma, decidan a vir a casarse a Camariñas pola beleza natural das nosas paisaxes. Porque precisamente nun entorno idílico, ás portas mesmas da natureza máis salvaxe, celebrouse no máis remoto dos lugares de Buría a voda entre Laura (Madrid) e Endika (Pais Vasco). Ela posúe unha cadena de peluquerías e el  traballa nunha empresa de software, viven en Madrid e viñéronse casar a Camariñas porque  tras coñecer a nosa vila por internet quedaron prendados das maravillas da mesma e non dubidaron en matrimoniar no Hotel Rústico do Cotariño nunha fermosa ceremonia civil oficiada con rigor e oficio por un Pichurri que pouco a pouco vaise convertindo en todo un profesional da arte matrimonial, ca música de fondo das gaitas dos fillos do noso amigo Juan O Argentino e co marco incomparable do Cotariño como testigo privilexiado. Para elo alquilaron todas as habitacións do Hotel Rústico (que está actualmente buscando cociñeira) para poder estar rodeados de toda a súa familia nun día tan especial. Posteriormente, cando por aquelo das fotos de rigor, o fotógrafo en cuestión os levou ao Faro Vilán e Reira o seu amor por Camariñas elevouse de maneira expoñencial e prometeron que van a volver todos os anos porque están entusiasmados co noso pobo. E nos encantados de que así sexa.

Comentarios   

uXi
0 # RE: Voda de Laura e Endika no Lugar do CotariñouXi 06/05/2010 20:49
que boda más bonita!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
+2 # felicidades parexaadry 06/05/2010 21:02
que boda tan bonita, da gusto ver cousas así, no importa a cantidad porque cando tes de lado os teus más queridos xa chega abondo, eu por mín casábame en reira, pero como me quero casar pola iglesia pos xa nada, pero as bodas así son moi bonitas.
Felicidades parexa!!!

eu son de galicia, do pobo CAMARIÑAS, pero non o vaias decindo por ahí, e que non me gusta presumir!!! jajajaj bikiños
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Voda de Laura e Endika no Lugar do Cotariñomantida 06/05/2010 21:57
mUITAS FELISIDADES OS DOUS, ELIGISTEDES MUY BEN O SITIO PARA CASARVOS, PORQUE NON HAY OUTRO QUE SE LLLE PARESCA,ENHORAV OA.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Voda de Laura e Endika no Lugar do Cotariñorubiasexy 07/05/2010 18:34
que boda mas bonita felicidades alos novios que guapos que son gracias por escojer nuestro pueblo se nota que sois muy buenos gracias viva los novio , sefa y los pedros fuerteventura
Responder | Denunciar ante o administrador
elena vazquez
0 # que vodaelena vazquez 07/05/2010 22:38
que voda mas bonita el sitio es precioso y las fotografias tambien muchas felicidades pareja
Responder | Denunciar ante o administrador
Endika
+1 # ORGULLOSOS DE CASARNOS EN CAMARIÑASEndika 24/09/2010 11:57
Hola a todos,

Somos Endika y Laura, los de la foto! ;)
Aunque esta noticia ya esta un poco pasada, al que entre por este post, decirle que si son de la costa da morte, que suerte tienen de vivir alli y para los que no lo sean,que se animen a visitarlo. En todo momento nos trataron muy bien, empezando desde Alberto, regente del hotel rural Lugar do cotariño, siguiendo con Mari, la cocinera, etc... Agredecerles mucho que en un día tan importante en la vida de una pareja, haya sido todo de ensueño.
Por otro lado, y no menos importante, enviar un cálido saludo a "pichurri" ;) a Diego a Maria José, que además de hacernos un reportaje fotográfico espléndido, acaban de ser papas! espero poder verles pronto y conocer a su hijo Tiago. Gracias Galicia, Gracias Camariñas! PD: Recomiendo enérgicamente el Hotel Rural Lugar Do cotariño para visitar y para bodas pequeñas, eso si, el fotógrafo Diego va en el paquete también! ;)
Un abrazo,
Responder | Denunciar ante o administrador