3.7678571428571 1 1 1 1 1 Rating 3.77 (56 Votes)

Premio a toda unha vida de duro traballo 

As tres finalistas do I Premio Muller Pola Igualdade de Camariñas posan co Alcalde co coro ao fondo
As tres finalistas do I Premio Muller Pola Igualdade de Camariñas posan co Alcalde co coro ao fondo

Moitas e moi xustificadas serían as candidaturas, mulleres camariñanas merecedoras de xusto recoñecemento por toda unha vida de traballo e sacrificio, pero lamentablemente premiada só podía ser unha. E a elexida resultou ser Dona Divina Quiza Carril, nai do gran amigo desta redacción Juan José "O Coto" e sogra do noso querido usuario Delmiro Campaña Carril (Gavilán), unha muller que dende a súa antiga casa da Calle do Medio tanto e tan duro traballou no Muelle do Curbeiro nunha infinidade de longas e frías noites de labouras relacionadas co mundo do peixe e que ve xustamente recoñecida pola sociedade civil da súa vila natal toda aquela esforzada labor para sacar aos seus adiante. Agora xa retirada no seu actual fogar da Carretera do Faro, desfruta dunha máis que merecida e nunca suficiente pensión, sempre acompañada do cariño dos seus. As outras dúas finalistas foron a xaviñana Dolores Rodríguez Bermúdez, actual Presidenta da Asociación de Mariscadores, e Ana María Fondo Canosa, xerente en xefe de Autos Fondo, a gran compañía de transportes do Concello de Camariñas. Todas elas recibiron unha máis que merecida homenaxe este sábado 1 de maio de 2010, Día do Traballo, nun entrañable acto de entrega de premios celebrado na Casa de Pedra pola Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade e no que camarinas.eu estivo presente e captou unha pequena galería fotográfica.

 

 

Comentarios   

Pion
+1 # RE: I Premio Muller Pola IgualdadePion 03/05/2010 13:20
a miña enoraboa a señora divina pol premio que lle deron,unha muller que eu acordo toda a vida na lonja vella traballando e tamen darlle a noraboa a os seus fillos e resto de familia por ter unha nai asi,e tamen desir que as docoro estan todas muy guapas,guataria me escutalas cantar teñen que faselo muy ben a miña enoraboa a todas estades todas muy guapas
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+3 # RE: I Premio Muller Pola Igualdaderubiasexy 03/05/2010 14:11
si señor mereseo traballadora enoraboa divina ben traballadora os fillos tan vos si señor viva divina eso e miña prima tmen eso sefa e os pedros che felicitan ,,
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # RE: I Premio Muller Pola Igualdademantida 04/05/2010 22:25
felisito a señora Divina por ese premio que lle deron, ven meresido o ten.
Responder | Denunciar ante o administrador
candi22
0 # RE: I Premio Muller Pola Igualdadecandi22 15/05/2010 23:53
mis felicitaciones a divina desde aki de canarias,se lo merece ese premio y mucho mas porke es la señora mas ecantadora y buena persona,le mando un beso y un abrazo con todo mi cariño.y le agradesco todo lo ke iso por mi.
Responder | Denunciar ante o administrador