Daniel Rego e Pichurri posan ca que foi a Secretaria do Concello de Camariñas nestes últimos seis anos
Daniel Rego e Pichurri posan ca que foi a Secretaria do Concello de Camariñas nestes últimos seis anos

Adeus a unha profesional intachable

Este mércores 28 de abril do 2010 no  primeiro piso do Restaurante Victoria, ca vista do Porto de Camariñas como fondo, tiña lugar unha comida moi especial que reunía á totalidade dos empregados públicos da Casa do Concello, unha delegación dos da Casa de Pedra e unha nutrida representación do mundo político local: o Alcalde Pichurri, o xefe da oposición Daniel Rego e os concelleiros Sandra Insua Rial, Germán Camiño e Mª. Carmen Linares Chica. O motivo que os congregaba era a homenaxe á Mónica Pichel García, a carballesa que dende o ano 2003 viña desempeñando de modo intachable e exemplar a Secretaría do Concello, un dos dous postos do mesmo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal. Cáseque sete anos no que foi o seu primer destino como profesional que cambia agora por outra Secretaría dentro desta mesma Franxa Atlántica na que camarinas.eu segue a ser o líder intratable: Malpica. Unha comida en principio reservada a empregados públicos, na que cada fillo de veciño tivo que abonar o seu prato, que discurrío dun modo francamente ameno e xovial, sendo coronada cos discursos de Daniel, Pichurri e da propia Mónica, especialmente emotivo este último. Despois, unha vez rematada a comida, na noite chuviosa de primavera todos partiron para ver, ben enfervorizados, ben  cunha innegable desolación, como o Internazionale di Milano se clasificaba para a final da Champions... Dende camarinas.eu desexámoslle a Mónica o mellor no seu novo destino, sobre todo tendo en consideración as dificultades crecentes á que teñen que facer frente os habilitados estatais nesta España destartalada dos nosos días. ¡¡SORTE E ÁNIMO!!

Comentarios   

diegoalfr
0 # Monica Picheldiegoalfr 29/04/2010 21:21
Bueno, eu non tiven moita relación con esta rapaza pero víase que era unha muller moi traballadora e moi responsable. En fin Mónica, boa sorte no teu novo destino.
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
0 # Enhorabuena a Mónica y a los protagonistas de la fotoE logo ti de quen es 03/05/2010 15:10
Supongo que las diferencias ideológicas entre el alcalde y el líder de la oposición en el municipio de Camariñas, no son pequeñas, pero a pesar de ello la foto parece reflejar un ambiente de lealtad institucional. Por ello felicito desde aquí a los protagonistas de la foto. Que distinto sería nuestro país si la lealtad institucional fuera la norma y no la excepción.
E logo ti de que es
Responder | Denunciar ante o administrador