4.1785714285714 1 1 1 1 1 Rating 4.18 (112 Votes)
Nun día tan señalado para o calendario cristiano como o Domingo de Ramos, víspera de Semana Santa, tivo lugar na milenaria Igrexa de Xaviña o bautizo de Daniel, benxamín da parexa formada por Sergio Castro, percebeiro santamariñán, e Celestina Castiñeira Blanco, máis coñecida como Tina, unha xaviñana comprometida activamente co concello no que vive, o que a levou incluso a desempeñar o papel de concelleira por Xaviña nas filas do Partido Popular. O caso é que este fermoso rapaciño chamado Daniel tivo o privilexio de ser cristianado nun dos máis antigos e lexendarios templos que existen por estes pagos, o da Igrexa de Santa María de Xaviña, cumbre da arte románica no noso concello e unha das obras cimeiras da Costa da Morte, ademáis de que a súa entrada na gran familia cristiana prodúxose das sabias mans de Don Mario, o admirado e respetado páter da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas.  Pois alí, acompañado dos seus pais, do seu irmán maior Serxio, de toda a súa familia e das ducias de devotos que ramo en man cumprían cun rito sagrado tivo lugar o bautizo de Daniel o Domingo de Ramos do ano do Noso Señor de 2010. ¡¡FELICIDADES DANIEL!!

Comentarios   

toxo
+1 # RE: Bautizo de Daniel en Xaviñatoxo 12/04/2010 19:21
MUITAS FELICIDADES A ESES PAIS Y A O NENO.
BICOS A SANDRA TAMEN Y A MARICARMEN Y A HERMINDO QUE TAN CHULISIMOS NAS FOTOS.
ALA,A DISFRUTAR FAMILIA!!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+3 # RE: Bautizo de Daniel en Xaviñarubiasexy 12/04/2010 21:30
is eu tamen quero darlle felicidades aeses papas por ese neno tan guapo pero bueno de tal palo tal estilla os papas tamen son guapos felicidades de de fuerteventura sefa e os pedros suerte
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Bautizo de Daniel en Xaviñamantida 12/04/2010 22:00
Muitas felilisidades a Tina e Sergio por ese neno chamado Daniel,que se parese o pai.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Bautizo de Daniel en XaviñaBeldoña 17/04/2010 17:23
Felicidades a eses pais por esa criatura tan fermosa.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador