3.7402597402597 1 1 1 1 1 Rating 3.74 (77 Votes)
A pregunta é clara: na noite de autos do sábado 3 de abril de 2010, entre a II Festa da Zorza, a Gran Cena de Primavera do CNC e os veciños que se decidiron a celebrar as sagradas datas da Semana Santa cunha cena familiar en calqueira dos restaurantes da vila ¿houbo alguén que cenara en casa na mencionada data? Porque si máis de 500 racións foron servidas na Praza do Mercado, unha muchedumbre de socios do CNC inundou o Salón de Actos da que foi a institución náutica pioneira da Costa da Morte para pasar un rato divertido entre amigos, desfrutar das viandas dunha opípara cena e bailar uns cuantos dancings ao ritmo imposto polo triunvirato musical de rigor nestes casos. Unha multitude de asociados entre a que descollou a presencia dunha das últimas fichaxes do accionariado do CNC: a actuación rutilante e estelar de Manuel Ageitos Souto, Totis, leyenda viviente do camariñeo e perfecto representante da alma popular da inmortal Vila de Camariñas, un home en definitiva capaz de animar ca súa arte personal e intransferible os grandes eventos sociais que teñan a ben honrarse ca súa presencia, xa sexa unha cena de camarinas.eu, a Laconada Anual do Puerto Arnela ou a gran Cena de Primavera do noso Club Náutico.

Comentarios   

rubiasexy
+3 # RE: Gran Cena de Primavera no Club Nauticorubiasexy 07/04/2010 17:27
si señor asi e pasalo ben viva totis sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # CUIDADO¡¡¡Beldoña 08/04/2010 12:20
TOTIS

Por cantar e bailar que non quede
Ben sexan rancheras ou chotis
Que en saltos e en rebotes
Ninguén o fai como Totis.

Si queredes anima-la festa,
Sin que vos coste un chisco,
chamáde a sua orquesta,
Que cantan como en Jalisco.

Ninguén hai con tanta mecha,
Nin fojete que lle falte un misto,
Andando sempre de festa
Desperta sempre de un brinco.

Dando bicos no pescoso,
Sempre calibra as esquinas,
Queimando pantalóns e petrinas
Cando aljunha se lle arrima.

Fuxíndo do bosque tenebroso
Cabalja coma un soldado,
A abuelita ajarrada ao pescoso
E Caperusita coljada do rabo.

¡ Ay, Caperusita Roja !
Que ven o lobo e che debora,
Con ese moviemento sexi
Que tes coa cesta da compra.

Aniñado tras as Silveiras,
Sempre avisa?¡ cuidado!
Non esfusiñe nas leiras
Coa compañeira de o lado.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
wea
+3 # RE: Gran Cena de Primavera no Club Nauticowea 10/04/2010 12:03
Una cosa que no olvidare es cuando trabajaba en el bingo y cuando yo decia TOTIS,,jejeje todo el mundo sabia que era el 77 y el que no se enteraba perdia el bimgo.
Responder | Denunciar ante o administrador