3.7558139534884 1 1 1 1 1 Rating 3.76 (86 Votes)

Tódalas imaxes da inauguración da XX Mostra

Fernández Moreda, o gran mecenas da Mostra do Encaixe, e Pichurri cortan a cinta inaugural
Fernández Moreda, o gran mecenas da Mostra do Encaixe, e Pichurri cortan a cinta inaugural

Cumprindo escrupulosamente ca tradición establecida, cara ás tres da tarde deste mércores 31 de marzo de 2010 inaugurouse unha nova edición da Mostra do Encaixe. Pero esta constituía a número vinte dende que un lonxano mércores de Semana Santa de 1991 botara a andar o maior concentración internacional do Encaixe de Bolillos. "Vinte anos non son nada", recordaba as sufridas e inevitables palabras do tango no seu discurso o gran Padriño da Mostra camariñana, Salvador Fernández Moreda. Ao Presidente da Deputación da Coruña, acompañábano representando ao mundillo político o alcalde Pichurri, o Subdelegado do Goberno José Manuel Pose Mesura e a Directora Xeral de Comercio María Nava Castro. Tralos discursos os políticos percorreron un recinto feiral no que predomina a representación da Catedral de Santiago de Compostela no ano xacobeo  e no que se reservaron ata trinta stands ca correspondente presencia internacional. Despois, foron ver un dos desfiles de modelos que lamentablemente este ano non se verán acompañados do gran concurso de beleza do Mostra Beauty. O xerente da empresa de modelos, que non quería, disque. En fin, el se lo pierde. Pero nin esta negativa evitará que camarinas.eu falte á cita ca maior feira mundial do Encaixe de Bolillos, un dos motores económicos do Concello, e así captou unha galería cas mellores 150 imaxes da inauguración da XX Mostra do Encaixe.

Comentarios   

rubiasexy
+2 # RE: Inauguracion da XX Mostra do Encaixerubiasexy 02/04/2010 18:02
:P bonitas fotos miña sobriña pilarita afilla de charo charo ves ala fasedes majas tantas fotos diolo page ,,sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
elena vazquez
0 # RE: Inauguracion da XX Mostra do Encaixeelena vazquez 02/04/2010 19:41
unas boas fotografias que os que non estamos en camariñas perecenos preciosa seria total si otempo acompañara
Responder | Denunciar ante o administrador
el_jefe
-1 # RE: Inauguracion da XX Mostra do Encaixeel_jefe 02/04/2010 21:41
la mostra está enferma,echa de menos a Alonso el farero
Responder | Denunciar ante o administrador
afaei
0 # el_jefe2afaei 03/04/2010 12:03
Alonso marchou el porque quixo, nadie o puxo fora.
Responder | Denunciar ante o administrador
el_jefe
0 # RE: Inauguracion da XX Mostra do Encaixeel_jefe 04/04/2010 23:29
nadie esta discutiendo eso buen hombre solo usted.final
Responder | Denunciar ante o administrador