Dúas empresas punteiras no procesado de pulpo e unha especializada no transporte e loxística de peixe compiten con grandes multinacionais en CONXEMAR. Estas tres empresas son de Camariñas.

A pesar de que hai xente desde Camariñas que cuestiona o potencial da nosa vila no eido empresarial atrevéndose incluso a facer bromas con elo, outros Camariñáns, traballando arreo, fanse sitio entre as potentes multinacionais en feiras de importancia mundial coma Conxemar en Vigo para demostrar que, con bos productos e, sobretodo, con moito traballo pódese innovar e competir desde este recuncho de España que é a Costa da Morte.

Desde esta exposición viguesa de grandes empresas de procesado de peixe a nivel mundial que é Conxemar tres empresas son as que tiran do carro da Costa da Morte. As tres de Camariñas. Por todos os camariñáns son ben coñecidos os nomes de Pescados Fraida (da familia de Manolo de Buño) Gallego Pereira (da Ponte do Porto) e Frigoríficos de Camariñas , do visionario e emprendedor xaviñán Jose Luis Canosa (Luis do Pulpo) coñecido na nosa vila tamén como Luis "do Piticlín" en alusión ao pequeno bar que este home e a súa dona rexentaban en Camariñas hai tempo. Un bar do que  aínda hoxe, non foron capaces de esquecer esta parella camariñana.
Ademáis destas sociedades Camariñanas que posúen Stand oficial en Conxemar outras empresas de Camariñas estaban presentes nesta feira, tal é o caso de "Pescados Pedreira" propiedade da familia Pedreira de Arou e "Pulpo de Camariñas" de Ezequiel da Ponte do Porto.

As empresas Fraida e Gallego Pereira tamén estiveron presentes en Conxemar
As empresas Fraida e Gallego Pereira tamén estiveron presentes en Conxemar

Hoxe os stands de Frigoríficos de Camariñas, así como o do Grupo Fraida (Fran, Isidro e David) e Gallego Pereira foron visitadas polo alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri" que, por estar de viaxe por eses lares, non quixo faltar ao encontro con estes emprendedores Camariñáns que tanto están a loitar polo futuro da nosa terra. Ademáis o stand de Luis do Pulpo foi visitado por personalidades moi importantes como o Director de AENOR Galicia, Martín Pita López e o coñecido comercial desta empresa Carlos Resch Zafra que compartiron con Luis, as súas fillas e Sesé Gerpe uns aperitivos. A empresa de certificacións e standares de calidade AENOR certificou a empresa Frigoríficos de Camariñas S.L. coa acreditación de calidade ISO 9001 e o sello 14001 correspondente á calidade medioambiental da empresa. Unhas acresitacións moi difíciles de conseguir para unha mediana empresa.

Desde camarinas.eu esperamos que para o ano que ven, como ven sendo habitual dende hai xa catro anos, a empresa de Luis do Pulpo volva a CONXEMAR para dar a coñecer o que desde Camariñas se sabe facer tan ben: Traballar arreo. Boa sorte ás empresas Fraida, Gallego Pereira e Frigoríficos de Camariñas.

Engadir un comentario