4.2068965517241 1 1 1 1 1 Rating 4.21 (58 Votes)
Un cocido de primeira calidade puideron desfrutar os clientes do local de moda na Ponte do Porto
Un cocido de primeira calidade puideron desfrutar os clientes do local de moda na Ponte do Porto

Da mesma forma que había unha película dos 80 que se chamaba "Todo en un día" existe un sitio na Ponte do Porto que se debería chamar "Todo en un local": que queres tomar un vermutten para ir facendo fame, pois na barra do bar, con sifonazo a la vieja usanza e non destes modernos que nin para escombro valen; que queres darte unha homenaxe gastronómica, pois para o restaurante e a disfrutar; quedaches farto e hai que dixerilo todo a base dun cubateo intensivo e duns cantos dancings no mellor estilo porteño, pois para o piso de abaixo e xa estás no pub propiamente dito. Pero aínda hai máis: que queres imitar a grandes clásicos da canción española como Bertín Osborne ou Manolo Escobar, pois despois dunha dura loita faraste cargo do micrófono e ahí estás co karaoke en marcha. Por increible que parezca hai un local en este mundo que aglutina semellante variedade de servizos nuns poucos metros cuadrados para os seus clientes: está na Ponte do Porto e chámase Pub O Pincho.

Comentarios   

maricarmen55
0 # qué cocido!maricarmen55 05/04/2010 05:01
Dios bendito que bonito se ve ese cocido y no le falta nada cómo no van a tener cara de felicidad en esas mesas!!!
Responder | Denunciar ante o administrador