4.2631578947368 1 1 1 1 1 Rating 4.26 (38 Votes)

Foto de familia dos conferenciantes da presentación en sociedade do Mercado Solidario
Foto de familia dos conferenciantes da presentación en sociedade do Mercado Solidario

Horas antes de que os coches de Camariñas se volvesen tolos e lles dese por embestir a todo o que encontraran por diante cas consecuencias vistas por todos, na tarde do sábado 13 de marzo de 2010 tivo na polifacética e multiutilitaria Casa de Pedra e ante unha ducia de asistentes a presentación oficial do Mercado Solidario de Camariñas, que terá lugar os días 19, 20 e 21 de marzo e onde as tendas da Vila das Palilleiras que se acollan a tan loable labor altruista donarán o 10% do que recauden ás diversas asociacións que colaboran na celebración da mesma. Alí puidemos ver entre outros ao alcalde Pichurri; a Olga Campos pola Asociación de Empresarios de Camariñas; a Ramón Sestayo, de COGAMI-Coruña e de Adisbismur; a Juan Gómez, da Asociación Antodroga Abondou; e finalmente ao presidente e secretaria de Íntegro, Adolfo López e Anabel Castiñeiras. Especialmente conmovedoras foron as palabras desta última que chegaron a emocionar aos asistentes ao evento.  Camarinas.eu estivo presente no acto e captou unha impresionante galería fotográfica.

{multithumbs}

Comentarios   

mantida
+1 # RE: Presentación Oficial do Mercado Solidario de Camariñasmantida 16/03/2010 17:15
Ti si que vales Anabel,traballa dora e muy luchadora, mereses ese puesto e muito mas.
Responder | Denunciar ante o administrador