Este sábado 13 de febreiro será recordado como outra gran enchenta definitiva na Laconada do Puerto Arnela

Esperaba ansiosa e esperanzada a afameada parroquia chiquitera do Café Bar Arnela a gran laconada anual que con motivo de carnavais celebra o seu irmán máis novo, o Hotel Rústico Puerto Arnela.  Algo que comenzou como unha comida de compañeiros de chiquitos acabou convertíndose co pasar dos anos nunha cita obrigada do calendario gastronómico camariñán na que as damas lucen as súas mellores galas e na que os cabaleiros preséntanse con cinturóns cun par de furados de máis. A calidade culinaria dos productos e unha preparación dos mesmos sabia e cariñosa como suele acontecer co equipo cociñeirístico comandado por Carmencita fai que á Gran Laconada Anual se lle poda aplicar o calificativo máis superlativo existente nestes casos: o de parecer un cocido feito na casa, adobado ademáis cuns impresionantes postres propios da temporada e cun licor de toxo adquirido na Tenda do Gourmet de El Corte Inglés e que pasou o implacable exame dos paladares máis esixentes. O único defecto: semellante enchenta gastronómica require para ser convenientemente dixerida dun amplio cubateo en labouras dixestivas. 

Así, este sábado 13 de febreiro de 2010, de carnaval e visperas de San Valentín, Día dos Enamorados, pola alfombra bermella do Hotel Rústico Puerto Arnela puidemos ver desfilar a colección outono-inverno do guardarroupa de tódalas grandes damas que honran ca súa presencia habitual o Café Bar Arnela: Maruja, Marisa, Jola, Barca, María Pilar, etc.. acompañada de cadanseu santo varón; leyendas vivas do camariñeo como Totis, ademáis de redactores de páxinas web e restante xente de mal vivir. A gran sorpresa que nos tiña deparada a noite estivo constituida por un repentino apagado de luces como introducción á unha impresionante tarta que homenaxeaba o día de cumpreanos de Marimonte e que en secreto foi preparada con esmero e cariño. En definitiva, querido accionariado, unha data para lembrar, auténtica homenaxe definitiva ao paladar gastronómico galego e que efectivamente requirío do seu correspondente afloxamiento de cinturóns.

Comentarios   

rubiasexy
+4 # esas si son enchentasrubiasexy 15/02/2010 20:28
mima que ben opasades estades todos rojos de tanto comer e opobre de diego nada quitando fotos e perdendo de comer,, tamen disirlle acarmensita que acomida ten unha pinta que mima os fellados son ben amarillos bueno nin que fora unha boda , non ahi pueblo como el e tots que sija asi fai majas as que estan de carmavales criminal mima viva o arnela sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Laconada Anual do Hostal Puerto Arnelamantida 17/02/2010 21:53
Rubias, espero que po proximo ano estes aqui pa selebrala con nos.Estuvo todo muy ben e ademas muy abundante como de costumbre.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Laconada Anual do Hostal Puerto ArnelaBeldoña 20/02/2010 21:29
¿ Qué miran os ollos de Totis?
¿Qué miran ná sobremesa?...
Miran as fuentes que sobran
e a caña que pousa ná mesa.

Nenuda enchenta!!!

Saludos
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador