- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 11 Febreiro 2010 11 Febreiro 2010
Hoxe 11 de febreiro de 2010 é un día moi especial para unha querida familia xaviñana xa que Felipe Santos Alves máis coñecido como Felipe de Xaviña ou Felipe do Alcalde cumpre 24 esplendorosos anos. Este rapaz, querido e admirado como poucos, é integrante destacado do grupo destes chavales que comezaron a xogar nas categorías inferiores do balonmán en Camariñas nos seus inicios e do cal saíron auténticas estrelas deste deporte. Podemos estar citando todas as virtudes que caracterizan a este rapaz como a súa entrega aos amigos e á familia, a súa responsabilidade no traballo e dedicación no deporte, etc, etc, etc... pero o que máis apreciamos os que o coñecemos a Felipe é a súa humildade e bo corazón que sempre foron característica neste exemplar rapaz que hoxe cumpre 24 anos. Desde camarinas.eu queremos desexarche un feliz 24 cumpreanos e que sempre sigas sendo así, como eres. Felicidades Felipe!!
Comentarios
Antonio
Saludos a tú padre,que siempre e tenido buena química con él,persona que a hecho muchísimo por buestro concello,person a accesible y humilde,dejando su cargo cunando lo vió conveniente y por la puerta grande.
Un abrazo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.