3.5688073394495 1 1 1 1 1 Rating 3.57 (109 Votes)

El Amante de los Quesos

O noso redactor Bénder chegaba ilusionado ao Curso de Cociña para degustar as delikatessen gastronómicas
O noso redactor Bénder chegaba ilusionado ao Curso de Cociña para degustar as delikatessen gastronómicas

Bleu, Camenbert, Roquefort, Gouda, Gruyere, Torta del Cassar, Mascarpone, Parmesano, Idiazábal, Cabrales, Manchego, do País... acostumado no seu fogar a degustar unha amplia gama de queixos, o seu ávido paladar canino acaba por levalo a devorar todos eles por igual. Por elo, ansioso por indagar novas experiencias culinarias, intuindo unha bacanal gastronómica na que o seu amado queixo podía ser un dos protagonistas, o noso redactor perruno e comandante en xefe do CCCP (Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía), Bénder, abandonou por un día a súa dura loita cotidiana contra o crime ao lado dos seus compañeiros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e decidío achegarse ata Aldea Madeira para tomar parte nun Curso de Cociña ideado únicamente para membros do xénero masculino. En principio de calqueira das especies animais que pueblan este mundo maldito e corrompido.


Ilusionado cun hipotético festín gastronómico, ansioso con atoparse con algunha clase de queixo, desdeñoso cunha posible expulsión administrativa por non estar inscrito na lista de admitidos, pulcro como un dandy británico, aseado como un lord inglés, así se presentou o martes 17 de xaneiro de 2010 o redactor perruno de camarinas.eu en Aldea Madeira para tantearlle o pulso ao tan publicitado Curso de Cociña para Varóns. E tivo sorte. Vaia si tivo sorte.

Pero primeiro puido comprobar a veracidade dunha frase feita, trillada e repetida ata acabar por perder todo valor, ata o momento no que un a comproba nas súas propias carnes (caninas): "oscuro como boca de lobo". Esa foi a cánida frase que veu á súa mente perruna ao chegar as 20:00 a un complexo turístico de Aldea Madeira ao que a ausencia nos arredores de alumeado público e o carácter desapacible e xélido da noite otorgaban un tinte especialmente tenebroso. Xa dentro do recinto e ao calor dun lume de pino xoven, foi agasallado ca cálida acollida dos seus compañeiros gastrónomos e ca decisión do profesor Pedro Sestayo Riveiro de adicarlle a velada á pasta, condimentada ésta de tres formas distintas: pasta a la carbonnara (nata e bacon), pasta especial Aldea Madeira (tomate frito, champiñóns,  pimentos do piquillo, xamón de York) e finalmente pasta cunha salsa elaborada a base de queixos variados. De postre, ademáis, Flan de Queixo. Dese queixo que o volve tolo. E así douse un festín.

El non o recorda porque incluso nin os seus propios proxenitores (caninos) estarían aínda nacidos pero si probase alá a finais da década dos 90 e comenzos da do 2000 aqueles potóns cheos ata o aro de Spaguetti a la Guettaría que elaboraba o noso querido usuario e redactor Duane Duke nas épocas do borracherismo botelloneril máis lamentable nun destartalado e lóbrego piso da Ronda de Outeiro na Coruña, tería o listón moi alto á hora de probar un plato de pasta.  Afortunadamente non vivío aquelas épocas de descontrol e por elo toda pasta que probe pareceralle boa e así, gracias á colaboración dos seus compañeiros de curso, tivo tempo de degustar con fruición os tres tipos de pasta elaborados, incluso aquela que para condimentala foi necesario un "Flameado de Moe" (tamén chamado "Flameado de Homer") segundo o mítico episodio das primeiras edicións dos Simpson. Por todo o anterior, e mentras non lle sexa notificada a súa expulsión administrativa fulminante, o noso redactor espera volver a repetir presencia no curso de cociña para membros únicamente do xénero masculino. Sin importar a especie do reino animal á que se pertenza.

A Opinión do Experto.  Un José Martínez Ferrío que non desaproveitou a oportunidade de inmortalizarse ante a posteridade co ser vivo que representaba a lei no Curso de Cociña emite a súa sabia opinión: "como corresponde a un gourmet de fondo estomacal insondable e inexplorado, probei os tres tipos de pasta e o meu veredicto, xa que a diferencia do noso glorioso  redactor de camarinas.eu non son moi aficcionado aos queixos, inclínase pola pasta condimentada con tomate frito, champiñóns, pimentos do piquillo e xamón, chamada de Aldea Madeira e elaborada polos pupilos do curso, por ser na miña experta opinión a máis suculenta. Así digo y así se publique".

Comentarios   

LuSeSiTa
-10 # RE: Curso de cociña para Homes (e Canidos)LuSeSiTa 20/01/2010 15:22
:lol: Jeej weno ton mirando as fotos por que leer non me puxen a leer esto todo, e digo eu Markiños pa cociñar non che e mellor quitar o gorro?, jeje! Mira tamen Bendersito jaja!! Lévalo con tigo a todos os sitios jjeje?!! Espero que aprenderades moito a cosiñar que voa falta fai jeje!
saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
picosacro
+12 # RE: Curso de cociña para Homes (e Canidos)picosacro 20/01/2010 20:43
Señor profesor,si todos los alunnos hacen lo mismo que usted y se llevan la mascota al curso,¿se imagina?,lo que no sabía es que esto se iva a publicar seguramente,pue s esperemos que las autoridades del concello hagan algo al respeto.
Democracia si,libertinage no,sanidad también.
Responder | Denunciar ante o administrador
micky7829
-15 # tes razonmicky7829 21/01/2010 14:20
Ola picosacro.Vouch e contestar en galego que prefiro.Tes toda a razon do mundo.A lexislación non permite animais na restauración, moi mal feito polo que levou o can, que primeiro informate, pero creo que non era do profesor como ti dixeches.Segund o, o curso esta encamiñado a que homes colaboren na gastronomia das súas casas, e polo tanto se poidan sentir no curso coma nela, enton, se fose para que marcharan traballar a un restaurante teriamos que mirar moitisimas cousas, e o mellor con tanta lexislacion e control prefeririase comer conxelados todolos dias.Enton a iniciativa pareceme xenial, e para que se reuna xente con gañas de aprender cousas novas, compartir experiencias gastronomicas e poder aplicalas nas suas casas...benvido é. Para traballar nun restaurante, para eso temos as escolas de hostalería.E non te preocupes, que seguro que todos aprenderon que teñen que lavar as mans antes de tocar a comida.Un saudo. :oops:
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
-11 # RE: Curso de cociña para Homes (e Canidos)mantida 20/01/2010 22:16
EU CREO QUE POR IR FASER UN REPORTAJE CON UN CAN TAMPOUCO TEN NADA DE MALO,UNICAMENTE QUE O CAN TEÑA A RABIA OU A PESTE E ESO NON O CREO.tEÑO CANS NA CASA E COMA MIN TENOS MUITA XENTE,DE MOMENTO NON TUVEMOS CONTAGIOS NINGUN POR CULPA DOS CANS QUE TEÑO NA CASA.
Responder | Denunciar ante o administrador
gatita_00
-13 # RE: Curso de cociña para Homes (e Canidos)gatita_00 20/01/2010 23:51
Eu pensó igual que ti mantida, creo que por que bender estea hay non significa que non axa sanidad , pero weno o mundo eche así . Picosacro parace que nunca tubestes un cansiño por que os que o temos non pensamos coma ti, una pena.
Responder | Denunciar ante o administrador
picosacro
+16 # RE: Curso de cociña para Homes (e Canidos)picosacro 21/01/2010 21:13
Estimada mantida y gatita,mi familia también es amante de los animales,de echo tenemos varios perros y otros animales, sobre todo aves,y también tenemos un perro en casa,un coker,Toby,y si,está muchas veces en la cocina.Mi hermano y yo somos la cuarta generación de restauradores,e n los tres restaurantes que regentamos tenemos unas normas estipuladas,una de las primeras es no tener animales en la cocina,primero por ética,segundo por higiene,y tercero,por que no es mi casa.
Sin más les mando un cordial saludo,sobre todo a la mantida,que somos viejos conocidos y amigos.No era mi intención meter la pata donde nadie me a llamado,lo siento.Gracias.
Responder | Denunciar ante o administrador