3.5510204081633 1 1 1 1 1 Rating 3.55 (49 Votes)

Un cartel "made in Camariñas"

O escenario da artesanía popular mundial asiste atónito e admirado á presentación do Cartel da Mostra
O escenario da artesanía popular mundial asiste atónito e admirado á presentación do Cartel da Mostra

Neste vindeiro ano do Noso Señor de 2010 que está a piques de facer a súa inquedante entrada nos oscuros designios da historia universal, a Mostra do Encaixe cumpre os seus vinte anos. Faino en medio de ambiciosas alianzas xeoestratéxicas internacionais (Offida, Ingenio, etc) e mediante a confección por vez primeira na súa existencia dun cartel enteiramente camariñán, elaborado por personal do propio concello. Os motivos elexidos para ilustrar un cartel que deixará sentir a súa presencia nos circuitos da artesanía popular son o omnipresente Faro Vilán e a Catedral de Santiago de Compostela, sen dúbidas co propósito de atraer cara á Vila dos Encaixes aos peregrinos e público en xeral que con motivo do Ano Xacobeo visitarán un dos maiores centros de peregrinación cristiana do mundo. Pois aquí está, esperemos que ca maior das sortes, o primer cartel da Mostra enteiramente camariñán.

A Catedral de Santiago e o Faro Vilán unidos por un camiño de encaixe
A Catedral de Santiago e o Faro Vilán unidos por un camiño de encaixe

 

Comentarios   

rubiasexy
+1 # rubiasexy 24/12/2009 11:50
muy bonito si señor felices festas o noso director e os que lle asudan como marcos que fan majas quitando fotos fan majas bueno felices festas sejir asi viva diego viva marcos viva lucia e viva tod@s que lle asudan sefa eos pedros
Denunciar ante o administrador
MTCC
+1 # MTCC 24/12/2009 14:07
Esta barbaro o cartel,si señor ben bonito..
Denunciar ante o administrador
Beldoña
-1 # Beldoña 27/12/2009 21:48
Me encanta,é PRECIOSO.
Noraboa

Antonio
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.