- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Decembro 2009 20 Decembro 2009
Reinventando a Cociña

A soidade dunha cociña foi o espacio do que se apoderaron un puñado de varóns para crear arte culinaria
Na mañán do sábado 19 de decembro de 2009 reuníanse no complexo hosteleiro de Aldea Madeira once homes cun obxectivo claro. ¿Once homes? Once valientes, querido electorado. Unha lixeira auganeve provinte dun ceo pragado de malos propósitos recibía a este puñado de valerosos autodidactas da boa cociña nun xélido paraxe boscoso dominado por unha serie de riscos desolados nos que o termómetro marcaba 5ºC. Dentro das instalacións, a falta de calor que proporciona o ritmo continuado de vida facía que a sensación térmica de frío ártico que se apoderaba por momentos dos inexpertos chefs non variase moito. Nestas condicións climáticas extremas, estos valientes tiveron tempo de reinventar o difícil e tan explorado arte das ensaladas e dos postres con dúas invencións culinarias que son analizadas ao detalle nesta noticia polo experto gastronómico de camarinas.eu.
O primeiro dos pratos elexidos polos profesor Pedro Sestayo Riveiro demostrou aos seus pupilos culinarios como reinventar o tan trillado arte da ensalada cun producto de creación propia, innovador, elaborado a base de tres clases distintas de leituga, millo, pimentos do piquillo, tomates cherry, gulas e gambas e que foi aliñado cunha xugosa salsa especial extraída da pel e das cabezas dos desdichados crustáceos. Porque debedes saber, queridos usuarios, que nas clases do curso de cociña para homes, todo se aproveita. Todo. E incluso fai que volva á vida un recinto que doutra maneira hibernaría no soño dos xustos. De segundo, fixeron a súa entrada impactante no escenario os postres. A delicia elexida foi "Xelatina de champán con virutas de chocolate" e asemesmo aliñada con nata líquida semimontada. Efectivamente, os términos gastronómicos e a especialización culinaria vaise adueñando dun puñado de varóns que diante dos fogóns asombrarán ao mundo. ¿Varóns? Valientes, querido electorado de camarinas.eu.
A OPINIÓN DO EXPERTO. Un José Martínez Ferrío desolado pola parada obrigatoria na que o curso se sumerxe ata o martes 12 de xaneiro de 2010, comenta as dúas innovacións culinarias da semana: "Todo moi bo. Suculento e abundante. Non estón dacordo ca observación feita por algún dos pupilos de que a ensalada melloraría acompañando a un bo chuletón ou de que non fose o prato apropiado para un día de frío tan intenso. Como quedou sobradamente demostrado un só prato da ensalada feita entre todos enchía o bandullo ata os topes, aportando asemesmo as proteínas calóricas necesarias para sobrelevar semellante avalancha xélida. Respecto ao postre, pos ahí están as imaxes dos tres vasos de cóctel que me papei. Todo aprobado con notable. He dicho".
Comentarios
Antonio
e saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.