3.5384615384615 1 1 1 1 1 Rating 3.54 (52 Votes)

Arranca o curso cun suculento banquete

Tendo en conta que os mellores cociñeiros do mundo son varóns, arranca o 2º curso de cociña para homes
Tendo en conta que os mellores cociñeiros do mundo son varóns, arranca o 2º curso de cociña para homes

Xusto no día no que o gran frío invernal chegaba á Camariñas da man dun sol radiante e dun xélido vento do norte, no apartado paraxe boscoso de Aldea Madeira preto dunha veintena de varóns de tódalas idades  daban comenzo ao Segundo Curso de Cociña para Homes, baixo o superior maxisterio do cociñeiro profesional Pedro Sestayo Riveiro. Un gran número deles repiten experiencia, mentras que outros son recén chegados que nos vindeiros meses dúas veces por semana en días aínda por determinar tratarán de experimentar a placenteira sensación de colocarse diante dos fogóns para crear arte culinaria. A delicia elexida para o estreo foron polos recheos asados a 190ºC durante unha hora no forno de convección, acompañados dunhas innovadoras e espectaculares patacas e adobados cunha salsa resultante de pasar pola batidora o recheo antes mencionado e que deixaba no paladar unha grata sensación dulzona.


A opinión do experto.  Home formado nas opíparas e pantagruélicas comelladas celebradas periódicamente no Rancho ou Estancia así denominado "La Ponderosa", José Martínez Ferrío, suma á súa profesión de experimentado conductor dos camións municipais de recollida de residuos sólidos urbanos, unha paixón polos boa cociña que o levou a ser investido con tódolos honores co título de "chef" pola sección gastronómica da web máis vista da historia da Costa da Morte. Cociñeiro de bo estómago e exquisito paladar, súa foi a opinión solicitada polo novato e inexperto en cuestións culinarias redactor de camarinas.eu. Fala o experto: "En xeral, todo estaba moi bo. En especial o polo recheo que ca salsa gañou moitos puntos. É de destacar o sabor dulce da mesma, derivado das mazás e das pasas cas que foron recheos os desdichados polos. As patacas con pel incluida foron un gran descubrimento, pero, todo hai que decilo, tiñan mui pouca sal. Para a próxima haberá que poñer máis sal. Este foi o meu veredicto".

Noticias relacionadas

Comentarios   

corvo
0 # RE: Gastronomia.eu: Curso de Cociña para Homescorvo 13/12/2009 21:25
CUA CUA ,MUITOS COSIÑEIROS ,MUITOS POLOS RECHEOS ,MUITAS SALSAS ,PERO EU NON CATO NADA DE NADA,A VER SI PO VRAN NOS OFRESEDES HUNS PATOS RECHEOS(NON CORVOS)A NARANXA,E DESPOIS LEVADES OS TITULOS ,SI NON NON HAY NADA,DE NADA,BUENO TIOS A DEMOSTRAR QUE NOS TAMEN SABEMOS COSIÑAR (E COMELO ,TAMEN),QUE AS NOSAS MULLERES SEPAN DEJUSTAR OS NOSOS MANJARES DEL EDEN.
BUENO TIOS ANIMO(NON BOS QUEIMEDES )ESO TEN BOA PINTA , E VEÑA PA DIANTE NESTA VIDA HAY QUE APRENDER DE TODO
UN CUA CUA PA TODOS VOS DE ESTE CORVO,QUE SI ESTUBERA EN CAMARIÑAS ,ESTARIA CON VOS,NA COCIÑA,TOMANDO UN APERITIVO.
CHAO EQUIPO
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.