3.6290322580645 1 1 1 1 1 Rating 3.63 (62 Votes)
A conciencia de grupo dos veciños de Camelle ten o seu mellor reflexo nas palilladas colectivas
A conciencia de grupo dos veciños de Camelle ten o seu mellor reflexo nas palilladas colectivas

Camarinas.eu volveu esta semana a Camelle nun deses crudos días invernais que tanto caracterizan a esta franxa atlántica chamada Costa da Morte. Entre grandes rachas de vendaval e algún  chiquito que outro fixamos a nosa atención na alumeada Casa da Cultura na que se estaba a celebrar unha das habituais palilladas voluntarias ás que acuden algunhas das moitas boas palilleiras que residen nesta coñecida vila de artistas. O caso é que estas mulleres camellanas fai tempo que veñen xuntándose para palillar como se facía antigamente ca diferencia de que agora non están a luz dun candil de carburo senón que se reúnen nun dos locais máis innovadores e modernos (e caros tamén...) do Concello de Camariñas.

 

Entre os sonidos dos palillos e os murmullos das palilleiras poidemos percibir un sonoro acento bonaerense que tamén nos sorprendeu. Tratábase dunha veciña de Arou chamada Genara que reside habitualmente en Buenos Aires e que chegou hai uns días á súa terra galega. Genara quedou gratamente sorprendida ao saber con quen estaba a falar e comentounos emocionada que a maioría dos emigrantes camariñáns na gran Capital Federal fanse eco das novas da súa terra por medio de camarinas.eu cousa que nos agradou profundamente. Pois para que o vexan alá no Gran Buenos Aires, con todos vostedes: "As Modernas Palilladas de Camelle".

{multithumbs}

Comentarios   

pintura
+2 # palilleiras de camellepintura 21/11/2009 20:29
senti mucha alegria ver a las palilleiras ,es cierto que ahora es un lujo tener ese centro cultural,me hicieron recordar la palillada de mi casa de AROU con luz de candil,me emociono ver tantas caras conocidas y muy apreciadas...y es cierto lo que dice genara,que gracias a vuestra pagina estamos al dia con las noticias de nuestra comarca...yo tengo la suerte de visitarla todos los años ,pero mi familia lo hace a traves de ustedes...aqui en argentina son muy conocidos y se les agradece toda la informacion y la cantidad de fotografias ,excelentes...m i familia conocio los paseos maritimos de AROU y CAMARIÑAS,atrav es de vuestra pagina...los felicitamos de corazon ....un cariño muy grande para ese maravilloso grupo de palilleiras.... un beso para victor su esposa y sus niñas...y para CAMARIÑAS.EU UN HASTA PRONTO....
Responder | Denunciar ante o administrador
suxo
+2 # tia genarasuxo 22/11/2009 18:02
miña tia genara.cantos anos fai que non a vexo!!!!mandoll e un gran abrazo e un bico.fermin
Responder | Denunciar ante o administrador
perla
0 # palilleiras de camelleperla 26/11/2009 02:39
Son palilleiras,per o son algo máis,gracias a elas está a casa do alemán aberta e atenden a xente que ven de fora respondendolle as preguntas que fan,e tamén o estaren alí a exposición de Man podese ver todo o día.Seguide asi!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador