A caída das primeiras neves

Este venres 9 de outubro O Pincho volverase a encher de clientes cunha impresionante Festa Nevada
Este venres 9 de outubro O Pincho volverase a encher de clientes cunha impresionante Festa Nevada

A non ser que os nosos queridos usuarios porteños nos saquen de dúbidas (cunhas cuantas fotiños mellor, si pode ser) aquí en camarinas.eu non recordamos cando foi a última vez que a neve se derramou sobre a ponte de pedra máis antiga da Costa Atlántica. Pero si sabemos cando vai ser a próxima: este venres 9 de outubro a partires das 22:00 horas e anticipando o duro outono-inverno que se avecina os nosos amigos do Pub O Pincho decidiron celebrar no local de moda da Ponte do Porto unha impresionante Festa Nevada na que unha virxinal cor branca tinguira ata o último rincón dun establecemento emblemático porteño que volveu a renacer neste último ano anunciando todos os seus eventos na páxina máis vista da historia da comarca da Costa da Morte.  Un acto, ademáis, do que saíran unhas fotos cun enfoque distinto, único.


Comentarios   

eloy
-1 # NIEVE?eloy 07/10/2009 15:45
Aquí en Camariñas hace años que o nieva, pudieron hacer la fiesta del percebe si acaso, por que NIEVE NIEVE lo que se dice NIEVE, hay cada NIEVE DO CARALLO. Así vamos enfin que nos quieren hacer parvos.
Responder | Denunciar ante o administrador
kecho
+1 # kecho 08/10/2009 00:29
medo me da!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador