4.0882352941176 1 1 1 1 1 Rating 4.09 (102 Votes)
camarinas.eu non podía faltar á cita cun dos actos máis importantes na vida de tantos xóvenes xaviñáns
camarinas.eu non podía faltar á cita cun dos actos máis importantes na vida de tantos xóvenes xaviñáns

Avalancha de confirmacións en Xaviña

Posiblemente, a Igrexa de Santa María de Xaviña leva asistindo á celebración de confirmacións masivas dende hai máis de 800 anos. Agora ben, poucas veces vería este sagrado templo católico, unha das maiores xoias da arte románica nestas terras, semellante avalancha de confirmacións como a que tivo lugar no sábado 27 de setembro de 2009 cando 109 xóvenes provintes de parroquias de Xaviña, Ponte do Porto, Camariñas e de "La O" (Concello de Muxía) se confirmaban nun acto que conduciron con sabiduría e bo facer o Vicario de Santiago, o cura de Berdoias e oriundo de Xaviña Don Ramón, o cura de Cereixo Don Pedro e o insustituible Cura Párroco de Xaviña Don Mario. E alí estaba Camarinas.eu para captar unha amplia galería fotográfica do evento no que se confirmaron na fe cristiana 109 rapaces e (fermosas) rapazas.

Comentarios   

sambade
0 # RE: Confirmacion masiva en Xaviñasambade 28/09/2009 18:47
Non podiades subir todas as fotos?
De todas formas grazas por estar alí.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Confirmacion masiva en XaviñaBeldoña 29/09/2009 23:05
FELISIDADES a todo-los que resibiron o sacramento da Confirmasión e NORABOA.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador