3.8666666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.87 (90 Votes)
Despois de dezaoito anos de existencia, o Club Náutico de Camariñas experimentaba  este sábado 5 de setembro de 2009 o maior cheo da súa historia cando máis de 300 persoas agolpábanse no seu Salón de Actos para asistir á Homenaxe ao 125 aniversario de Industrias Cerdeimar, sen dúbidas a gran empresa histórica do Concello de Camariñas. Unha avalancha de personalidades do mundo político municipal e autonómico, unha morea de veciños de Camariñas que coa súa presencia quixeron testimoniar o seu cariño, unha familia Cerdeiras prácticamente ao completo, pero sobre todo máis dun centenar de traballadoras e traballadores da empresa que tanta vida dou a un concello deprimido e illado, convertiron unha homenaxe xusta e necesaria nun evento histórico. Camarinas.eu deixa constancia do acto para a posteridade cunha galería fotográfica de 100 imaxes.
Os que coñecen siquera un pouquiño a Alberto de Artaza, Presidente do Club Náutico de Camariñas, cara ás 19:00 do sábado 5 de setembro podían velo un pouco máis nervioso do habitual e eso que no que vai deste exercicio 2009 xa tivo que facer fronte a visitas de Presidentes e ex-Presidentes da Xunta de Galicia ou de Directores de Portos. Porque pasadas as sete da tarde polas portas do CNC empezou un goteo do máis granado do mundillo político da Costa da Morte, con Alcaldes ou Tenentes de Alcalde de Camariñas, Zas, Corcubión, Laracha, Muxía, Carnota ou Vimianzo; algúns chegados de máis alá (O Barco de Valdeorras); o número dous da Consellería do Mar, Juan Carlos Maneiro, Director Xeral de Cooperatividade e Innovación Ecolóxica da citada Consellería; ou Tristana Moraleja, a delegada territorial na provincia da Coruña da Consellería de Industria.

Pero sumados aos anteriores, o grupo humano que realmente causaba impresión era o dos traballadores e traballadoras de Industrias Cerdeimar, que nun número que superaba holgadamente o centenar posteriormente abarrotarían ata os topes un Salón de Actos do CNC que por vez primeira na súa vida quedouse pequeno para recibir tal avalancha de visitantes. Ante todos eles, e un gran número de socios do Club Náutico que non quixeron perderse a cita, discurriron uns discursos que básicamente coincidiron en resltar a traxectoria e importancia da empresa fundada alá en 1884 como industria de salazones, xa non só para o Concello de Camariñas senón para un área illada e deixada da man das distintas administracións públicas como esta Costa da Morte dos nosos pecados.
Representando á empresa homenaxeada falou Andrés Cerdeiras cun longo discurso, preparado e incisivo, que ademáis de aludir a aquelas cousas que están nas mans dos homes (a implicación das administracións, comunicacións, axudas públicas) e as que moran nas mans de Deus (a así chamada sociedade do consumo, hueca e valeira por dentro de valores e principios e que nun día non moi lonxano pode deixar sen sentido ás empresas familiares e implicadas co entorno), sinalou como data clave para Cerdeimar a do 2020 cunha esperanzadora cifra de 200 empregados, e confirmou que o Presidente da Xunta e a Conselleira do Mar estarán presentes nuns actos de aniversario aos que tamén están invitados os Príncipes de Asturias.

Finalmente pasadas as oito e cuarto da tarde dou comenzo un sinxelo ágape no que dunha maneira ou outra a maioría dos asistentes non quixeron abandonar as instalacións do CNC ata pasadas ás 23:00. A noite invitaba a elo e desfrutábase dun ambiente cálido e cercano pero sobre todo porque dunha forma imperceptible flotaba no aire que non sería ata os lonxanos días do 2.034, cando moitos dos presentes xa non se atopen sobre este mundo maldito e pecador, cando teña lugar outro acontecemento histórico como o que máis de 300 almas desfrutaron un sábado 5 de setembro do ano do Noso Señor 2009.

 

Comentarios   

jose de marta
+2 # RE: Homenaxe a Industrias Cerdeimar S.L.jose de marta 07/09/2009 22:16
Muitas felisidades a toda a familia cerdeiras por eses 125 anos e a seguir asi outros 125 polo menos.Muita suerte.
Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Homenaxe a Industrias Cerdeimar S.L.Beldoña 09/09/2009 14:10
Muy guapos todos.Enhorabue na a esa familia por toda su trayectoria como empresarios en favor de nuestro pueblo.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # RE: Homenaxe a Industrias Cerdeimar S.L.mantida 09/09/2009 22:13
Miñas felisitasions a Cerdeiras por ese 125 aniversario, ojala sijades toda vida coa vosa empresa, deseovos o mellor.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.