4.2173913043478 1 1 1 1 1 Rating 4.22 (115 Votes)
O día máis importante do ano nunha das institucións clave da Costa da Morte, o que foi o decano dos clubs náuticos na principal franxa atlántica da máis mariñeira das rexións de España, discurrío dunha forma prácticamente perfecta a través dunha consensuada e prácida asamblea, onde co lóxico debate as principais propostas da directiva contaron cun apoio case unánime da masa social, pero sobre todo cunha espectacular e multitudinaria Cena do Socio na que a cifra récord de máis de 140 persoas disfrutou ata altas horas da madrugada dunha comida, unha música e uns bailes frenéticos, que á espera do aperitivo en honor á empresa Cerdeiras do próximo sábado día 5, puxo o broche de ouro ao máis activo verán de actividades no CNC en moitos anos. Camarinas.eu estivo presente e captou unha ampla galería de 150 fotografías que ilustran o que foi un día máxico no Club Náutico de Camariñas.

Cando un mira atrás e recorda todas aqueles anos de guerras civiles que lastraron o progreso dun Club Náutico de Camariñas que únicamente gracias á forza intrínseca dun proxecto idealista salío adiante, valora especialmente a paz social da que están a desfrutar o conxunto dos socios do que foi a primeira asociación náutica da Costa da Morte. Todo elo quedou especialmente reflexado no transcurso dos actos que integraron a data do sábado 29 de agosto do 2009. En primer lugar, co arranque ás 17:30 en segunda convocatoria da Asamblea Xeral, o que xa de por si indicaba a escasa problemática ca que se presentaba a principal manifestación da vontade democrática da sociedade. No transcurso da mesma, e tras aprobar unhas contas que no seu último exercicio reflexaron un superávit de máis de 5.000,00 euros e que conta para este ano cun orzamento por encima dos 130.000 euros, aqueles socios que así o desexaron tiveron ocasión de deixar constancia do seus lexítimos e respetables puntos de vista respecto dalgunhas das cuestións máis interpretables (campaña de captación de socios, arrendamento do bar), se ben debe destacarse que o acordo e a práctica unanimidade na aprobación da xestión realizada pola Directiva presidida por Alberto de Artaza foi a tónica xeral dunha asamblea que discurrío en líneas xerais polos cauces do bo tono e o máximo respeto. 

Unha vez respaldado pola gran maioría o xa realizado, veu a hora de mirar cara un futuro que se presenta con tintes esperanzadores: unha avalancha de proxectos ("non sei si teremos tempo a levalos todos a cabo", en palabras do Presidente) foi exposta a unha masa social que agora sinte o Club Náutico como máis propio que nunca. Así, falouse de cambiar a Asamblea Xeral de finais de agosto cara o mes de abril, nas proximidades da Semana Santa, para desta forma facilitar a participación do socios cas súas propostas na concreción do vital calendario veraniego; a confección duns orzamentos que coincidan co ano natural; a creación dunha comisión conxunta de directiva, pais de nenos e concello para a potenciación definitiva da Escola de Vela, algo básico dende o primer día no proxecto posto en marcha pola nova Directiva; a creación dun Comité Asesor integrado por persoas sinaladas de Camariñas e as sempre imprescindibles xentes do mar; a asunción da xestión directa dos pantaláns; a realización dunhas regatas de vela e unhas probas de motonáutica que sitúen á nosa ría ca importancia que merece no calendario regatista nacional; unha serie de reformas interiores (a tan ansiada calefacción, a modificación da instalación eléctrica, peche perimetral e ornamentación das instalacións exteriores) algunha das cales se espera sexan sufragadas por Portos de Galicia; a instalación dunha lavandería e secador de moedas para os navegantes; pero sobre todo, como punto estrela, e tomando como exemplo a experiencia de Ribadesella, un descenso a remo polo Río Grande dende a Ponte do Porto ata o CNC, con romería final incluida, que espera co tempo chegar a convertirse nun punto de atracción masivo de visitantes cara ás nosas terras. Toda este rendemento de contas, explosión de proxectos e debate correspondente, discorrío a través dun lapso de tres horas diante dunha treintena de socios que se mostraron activos e ilusionados no curso dunha sesión que se levantou cara ás 20:30 horas.

Tras un pequeno ínterin que servío para ver como o novo Real Madrid gañaba con máis apuros dos esperados ao Deportivo (algún inxenuo redactor esperaba ilusoriamente unha goleada con 7 ou 8 goles), pasadas as 22:00 deu comenzo a Cea do Socio que puntualmente ten lugar cada ano a finais de agosto. E foi precisamente no curso da mesma cando toda esta camaradería, este bo ambiente, toda esta paz social, quedou demostrada de forma definitiva entre un conxunto de socios  que disfrutaron duns momentos de amistade e festa como había moito tempo non se recordaba. Máis de 140 membros do CNC que abarrotaron o Salón de Actos, as risas e as conversacións cómplices entre o que non deixa de ser un gran conxunto de amigos; os bos momentos vividos con motivo duns sorteos nos que se distribuiron ao albur da fortuna impredecible unha serie de premios cedidos gratuitamente por negocios emblemáticos de Camariñas como Encajes María Julia, Muebles Sambade, Ricardo Más Farto, a Xoiería do Encaixe, a Xoiería Caramiña, o Supermercado Gadis e Mari, a encargada do Froiz; uns bailes ao son da voz aterciopelada e medida de Jaime Lorrey, o cal rendido e exhausto as 3:30 da mañán tivo que poñer fin a súa actuación deixando no paro obrero a máis de 40 socios con corda para moitos máis frenéticos bailoteos; uns cuantos inasequibles, entre eles algunhas das principais cabezas da Directiva, que prolongaron o curso da noite ata altas horas da madrugada nos locais da vila... Todo esto e moito máis que se queda entre as brumas etílicas do redactor foi o que dou de si o posiblemente mellor día do Club Náutico de Camariñas en moitos anos.

Comentarios   

kecho
0 # kecho 01/09/2009 15:33
un bo dia ...paseino ben!!
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 01/09/2009 21:09
MUI BONITAS FOTOS SI SEÑOR MIRA BELDOÑA QUE BEN O PASA VIVA TO@S SEFA EOS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador