4.2202643171806 1 1 1 1 1 Rating 4.22 (227 Votes)

A impresionante reportaxe da voda do ano en Camariñas

Pamela e Sergio arroupados polos seus amigos e familiares no momento do arroz
Pamela e Sergio arroupados polos seus amigos e familiares no momento do arroz

Este sábado 22 de agosto de 2009, o Castelo de Vimianzo sufrío unha nova invasión pero non de supostas hordas celtas ou irmandiñas, que tanto dan uns coma outros que a cousa xa está bastante liada e veñen a significar máis ou menos o mismo, senón de veciños de Camariñas que acudían a un novo enlace entre un aposto noivo camariñán e unha radiante noiva vimiancesa. E como o varón que era devorado irremisiblemente polo monstruo do amor era Sergio Pasantes Campaña, o noso Sesinho, camarinas.eu decidío tirar a casa pola ventana e firmar unha señora reportaxe de 330 fotografías que recollen a que foi a voda do ano en Camariñas. E en Vimianzo, obviamente. Porque este sábado 22 de agosto casábase un dos nosos.

A Supervoda de Pamela e Sergio

Este sábado 22 de agosto de 2009, o Castelo de Vimianzo sufrío unha nova invasión pero non de supostas hordas celtas ou irmandiñas, que tanto dan uns coma outros que a cousa xa está bastante liada e veñen a significar máis ou menos o mismo, senón de veciños de Camariñas que acudían a un novo enlace entre un aposto noivo camariñán e unha radiante noiva vimiancesa. E como o varón que era devorado irremisiblemente polo monstruo do amor era Sergio Pasantes Campaña, o noso Sesinho, camarinas.eu decidío tirar a casa pola ventana e firmar unha señora reportaxe de 330 fotografías que recollen a que foi a voda do ano en Camariñas. E en Vimianzo, obviamente. Porque este sábado 22 de agosto casábase un dos nosos.

"Por el poder que me ha sido conferido...". Debe confesar un redactor que xa tiña ganas de oír en vivo e en directo unha frase que vale tanto para axusticiar de maneira rápida e executiva reos do delito de alta traición na xungla norvienamita en calqueira das impagables películas do bo de Chuck Norris como para unir en matrimonio a unha parella de xoves enamorados. Porque a voda entre Sergio Pasantes Campaña e Pamela Rey que se celebraba este sábado 22 de agosto no Castelo de Vimianzo era a primeira unión civil á que asistía un destartalado redactor e por fin puido escoitar emanando da voz dun concelleiro delegado a famosa frase de "por el poder que me ha sido conferido...yo os declaro marido y mujer". A outra frase anhelada, aquela de "lo que ha unido Dios, que no lo separe el hombre", ao tratarse dunha unión civil non puido escuitarse.
 
A ceremonia, sobria e sinxela, elegante, desarrollouse ca música de fondo dun dúo de corda que chegou á perfección musical cando acometeu unha versión do "With or without you" de U2 cun violín que desgarraba literalmente a alma, sendo aderezada ademáis cuns discursos entre os que destacaron o de Marina Campaña Blanco, a prima que chegou do frío (Jersón, Ucrania), e o dun impresionante Héctor Alonso que acabou devindo nun monólogo que por momentos rozou a xenialidade máis absoluta. Esgotado o acto a comitiva voderil que recollía elementos provintes de Camariñas, Vimianzo e Arou desprazouse ben en coches privados ben nun autobús alquilado ao efecto cara o noso querido Palacio de Cristal, o Salón de vodas que baixo un pequeno toque kitsch fai que os invitados teñan que devorar manjares  baixo a mirada escrutadora e adusta dun Napoleón que baixo un ceo tormentoso ponse en marcha ao frente das súas tropas cara unha derrota definitiva.
 
O aperitivo desarrollouse baixo un inclemente sol africano sendo aderezado pola música de fondo das excelentes versións (que non se entere a SGAE) interpretadas polo grupo Snatch, do que é baixista Pablo Laranjo Campaña, e posteriormente, cun pequeno retraso, sobre as 18:00 horas comenzou unha comida que foi animada pola intervención da tuna e xa nos postres cun impresionante vídeo elaborado polos amigos vimianceses da parella na que intentaban respoder á inquedante pregunta de como unha xove de Vimianzo pode acabar contraendo nupcias cun camariñán, algo que polo visto empeza a convertirse nunha costume  (vídeo que o noso amigo Diego de Vimianzo nos cedío moi amblemente) e pola actuación dos tres tenores: Sesinho, Diego Alonso e Marcos Vázquez, que ao oír as notas iniciais de "O pasar por Camariñas" non puideron conterse e fixéronse donos dun micrófono ao que torturaron sen piedade. Pasadas as 23:00 a comitiva voderil desandaba o xa andado e regresaba ata Vimianzo, concretamente cara á Disco Soco, na que tal e corresponde ás máis vellas tradicións desta web realizamos unha reportaxe discotequera exhaustiva.
 
En definitiva, un día perfecto, nunha voda caracterizada pola presencia de máis 300 invitados, con dous noivos absolutamente enamorados, tal e como reflexa a galería fotográfica captada nos exteriores do Paseo Marítimo, o Faro Vilán, Reira e a Praia de Arou, fotos plenas de miradas de complicidade e química persoal, cunha noiva excepcionalmente fermosa no seu día máis grande, cun noivo aposto e varonil na línea clásica dos membros masculinos da súa familia, cuns amigos e familiares dispostos a pasalo pipa dende o momento inicial ata o instante postrero, pero sobre todo unha voda marcada por toda unha futura vida en común de amor e felicidade, que foi a que comenzou dunha maneira sinxelamente maxistral un sábado 2 de agosto de 2009, o día no que Sesinho, un dos nosos dende aqueles lexanos días grandes da Praza Maior de Camariñas, foi devorado irremisiblemente polo monstruo de amor. Pamela, Sergio, dende camarinas.eu cos seus máis de 2.500 usuarios: ¡¡FELICIDADES!!

Comentarios   

adry
0 # felicidadesadry 24/08/2009 13:20
Felicidades a Pamela e a Sergio, unha parexa perfecta,as fotos están preciosas, alegrome moitísimo de que todo che salira moi ben Sergio porque eres unha persona impresionante, tan boa persona merece ésta felicidad é máis, ahora a descansar na lúa de mel, moitos bikiños.

Marta estás guapísima, perfecta para a portada da Vogue :-) muaks
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 24/08/2009 21:57
Pamela e Sergio, deseovos todo o mellor deste mundo, e que seades muy felises.
As fotos muy chulas todas.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 25/08/2009 15:17
eu tamen os deseo omellor do mundo que fotos mais bonitas ches impresionantes no castillo de vimianzo caray si sondes importantes eo vidio maravillos fasedes majas viva os novios sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 25/08/2009 22:20
Eu tamén quero unirme as felicitacións e desearlle todo o mellor a Sergio e Pamela. Tamen felicidades de parte de Juanillo, que aínda non ten internet na súa casa do Milladoiro.
Responder | Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 27/08/2009 13:19
felicidades a sergio e a pamela por esa boda tan preciosa que teñades toda suerte do mundo
Responder | Denunciar ante o administrador