Os nenos de párvulos comezaron sen novidade as clases deste ano, despois de unha semana sen saber que ía a ser deles.
Os nenos saíndo da escola
Os nenos saíndo da escola

Despois dos problemas para conseguir que algún profesor quixera vir destinado para Camariñas, hoxe por fin empezaron a escola os rapazes máis pequenos, e por tanto os que máis tiñamos que coidar de Camariñas

Unha profesora falando cos pais
Unha profesora falando cos pais dos nenos hoxe a 1 da tarde

Comentarios   

Ubaldo Cerqueiro
0 # Gran traballoUbaldo Cerqueiro 17/09/2007 18:24
Ola Diego, son Ubaldo, redactor de quepasanacosta e irmao de Daniel, o de Galinus. Levo tempo mirando a túa páxina e da gusto. Gran traballo.
E con esta nova non me puiden conter de falarche un pouco. Xa vexo como está o asunto por aí, e non me extraña logo de ver que pasa coa galescola de Zas ou cos colexios de Muxia. Xa irei vendo o devir desta nova se falas coa directora do colexio, que este é un tema moi interesante.
Pois iso, eu sempre miro a pa´xina, e comentoume o irmao que se algunha vez quero poñer agunha das túas cojonudas fotos, que podo, pero necesito o nome completo.
Moitas gracias e parabens.
Unha aperta
Responder | Denunciar ante o administrador
paula
0 # paula 18/09/2007 13:54
e falando de escolas infantís, é interesante destacar o caso xaviñán, pois alí hai só 7 nenos, e alucinade entre os 7 só unha nena.
Xa foi noticia na súa época cando só había 7 nenos, e agora vólvese a dar o caso, pero máis peculiar aínda é o feito de que haxa tan pouca poboación feminina en idade de educación infantil no territorio xaviñán.
Responder | Denunciar ante o administrador
karina
0 # karina 18/09/2007 14:27
por serto,a maaestra que se ve na foto e unha das millores que pasou por camariñas,eu tuben a sorte co ano pasado tocoulle o meu fillo en 2 curso,e a verdade e que quedei moi contenta,porque a parte de ser boa maestra enseña moito.gracias sonia
Responder | Denunciar ante o administrador