- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 10 Agosto 2009 10 Agosto 2009
Cris e Pepiño xa bautizaron a Alexandro

Os pais e padriños do pequeno Alexandro momentos antes de ser bautizado
Pois fai xa máis dun ano cando camarinas.eu daba a noticia da voda dos nosos queridos amigos Pepiño do Lirete e Cris . Máis de un ano, concretamente o 27 de abril de 2008 foi cando se casou na Casa do Concello de Camariñas esta entrañable parella na que foi a primeira voda oficiada polo actual Alcalde de Camariñas nunha ceremonia civil sinxela pero emocionante. Un ano e pico no que os nosos dous protagonistas tiveron a oportunidade de realizar o seu soño: enxendrar ao seu precioso fillo común que bautizaron este sábado 8 de agosto ainda que desta vez celebrarono nunha ceremonia eclesiástica como non podía ser de outra maneira (bueno, eso de momento...). O caso é que sobre as oito da tarde oficiábase a misa na que Don Mario, suplindo eventualmente ao noso Don Jesús, realizaba os ritos propios do bautismo que levaron a Alexandro a formar parte destra gran familia cristiana de Camariñas. En fin, desde camarinas.eu queremos desexar a esta entrañable criatura toda a felicidade do mundo e que creza forte e sano. Pulsa na imaxe para ver unha ampla galería fotográfica do Bautizo de Alexandro.
{multithumbs}
Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.