3.9708737864078 1 1 1 1 1 Rating 3.97 (103 Votes)
Unha masa social de máis de 200 membros constitúe o auténtico corazón do Club Náutico camariñán
Unha masa social de máis de 200 membros constitúe o auténtico corazón do Club Náutico camariñán

¡¡Cumpreanos Feliz...!!

Si aquel puñado de idealistas que a través de sucesivas tertulias de terraza na Camariñas de principios dos 90 foron dándolle forma ao que naquela época parecía un desafío descabellado, a fundación do que ía ser o primeiro Club Náutico da Costa da Morte, viran a realidade en que se convertío 18 anos despois, sen dúbidas sentiríanse orgullosos. Unha institución asentada con máis de 200 membros trala recente campaña de captación de socios, unhas instalacións sólidas sen parangón algún nesta Franxa Atlántica, unha economía saneada, uns equipos de vela que dan saída a todo o talento mariñeiro dos rapaces dunha vila que tradicionalmente dou navegantes históricos... Pero o mellor, o mellor aínda está por chegar. Club Náutico de Camariñas: ¡¡CUMPREANOS FELIZ!!

Trátase dunha sinxela copa, de plástico, barata, das que se fabrican en serie por miles. Foi entregada nun acto certamente desanxelado, en Corcubión, únicamente animado pola esperanza dos pinchos municipais finais. Pero sin embargo constituío o emblema que presidío este domingo 9 de agosto de 2009 o acto da maioría de edade do que nas súas épocas foi o primeiro Club Náutico da Costa da Morte: o signo dos novos tempos que están por vir. Porque despois de que tras anos dun intenso e constante traballo no que as diferentes directivas non regatearon un só esforzo para consolidar un proxecto idealista, que só tiña como obxectivo o fortalecemento e progreso do Concello de Camariñas, tal vez sexa chegado o momento de fixarse novas metas, sobre todo no ámbito duns deportes náuticos nos que temos todos os ingredientes necesarios para soñar: unhas instalacións idóneas, unhas equipacións náuticas en moitos casos aínda por estrear, o apoio entusiasta do Concello, unha firme experiencia adquirida tras uns primeiros anos de iniciación, pero sobre todo hai materia prima: un grupo de xóvenes rapaces camariñáns cun grado de preparación máis que adecuado pero sobre todo cun talento innato na liña dos navegantes históricos que dou unha terra única. Esa copa, sinxela, barata, indistinguible, tan só será a primeira das moitas que están por vir...

Comentarios   

FANEQUEIRA
+1 # FANEQUEIRA 10/08/2009 19:08
XA QUE ESA COPA,(AUNQUE SEA DE PLASTICO),LLES FUI ENTREJADA OS RAPASES QUE PARTISIPAN NOS CURSOS DE VELA ,VEN OS PUDERON INVITAR A TOMAR ESOS PINCHOS ,NON VOS PARESE??
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 10/08/2009 22:06
que cumpla muitos, muitos mas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # FELICIDADESBeldoña 10/08/2009 23:06
Sin entrar en polémica,pues segurament fue un "lapsus",lo real es que tenemos un Gran CLUB NAUTICO,a él va mi poesía:

CLUB NAUTICO CAMARIÑAS

Allá, en tiempos lejanos,
Cabalgaba una idea,
Llevaba visos de estrellarse
Por lo lanzada que era.

En una alforja portaba
Proyectos de mar y tierra,
Y en la otra se asomaban
Los jinetes de primera.

Iban chupando etapas
Y mascando sus ideas,
Renovando mercancías
Y templando la carrera.

A pié mismo de la ría,
Izaron su gran bandera…
Casetas y pantalanes
Se le sumaron a ella.

De todo el mundo chalanes,
Vinieron a la carrera,
Para gozar de aquel puerto
Que enorgullece a mi tierra.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador