camarinas.eu da man do seu redactor cultural (e Comodoro do CNC) presente na homenaxe a Manuel Martín

camarinas.eu da man do seu redactor cultural (e Comodoro do CNC) presente na homenaxe a Manuel Martín

Acto de irmanamento entre Camariñas e Muxía

Pois finalmente a Directiva do CNC decidío celebrar unha comida homenaxe a Manuel Martín, o avogado muxián que durante tantos anos acarreou os legaxos xurídicos do que foi o Club Náutico decano da Costa da Morte. Pero sobre todo, máis que un piscolabis en homenaxe ao novo socio de honor do CNC, o acto que arrancou as 14:30 horas do día primeiro de agosto do ano de gracia de 2009 foi un auténtico acto de irmanamento e de unión fraternal entre dous concellos veciños e irmáns como Camariñas e Muxía, tal e como se encargaron de lembrar os discursos pronunciados ante os máis de 90 asistentes a unha comida que enchío ata os topes o Salón de Actos do CNC.

Foi en agosto do 2008 cando na máis polémica (e posiblemente absurda) asamblea que se recorda, a vontade popular da masa social do CNC aprobou o nomeamento como socios de honra do CNC de Manuel Martín e de Sandra Insua Rial, mentras deixaba fóra a Marisol Soneira Tajes. E xusto un ano despois, na desapacible tarde do día 1 de agosto de 2009, celebrábase esta comida homenaxe ao avogado muxián, na que se lle fixo entrega con todos os honores do diploma de Socio do Honor do CNC. A ocasión era especial e así entre os asistentes atopamos aos Presidentes de Honor Xosé Luis Blanco Campaña e José Trillo, da actual Directiva fixeron acto de presencia o Presidente, o Secretario e o Comodoro, tamén asistiron importantes empresarios camariñáns como Pepe o Mantido ou Chuco do Grifo, acompañados das súas respectivas señoras, ou o líder do PP de Camariñas Daniel Rego, pero sobre todo quen non quixo perder a ocasión foi unha importante delegación alén das fronteiras do noso Concello, conformada por unhas 60 persoas entre as cales destacaba a presencia do ex-árbitro internacional de fútbol Raúl García de Loza.

García de Loza. Pasan os anos, un vaise facendo máis vello e de toda aquela fogosidade e impetuosidade xuvenil, tan propia dos anos da adolescencia, nada queda. E as ansias de vinganza, acompañadas das súas correspondentes torturas asiáticas e dos peores desexos e maldicións vudús, esvaécense no olvido. Porque cando un redactor (madridista, obviamente) recorda a nefasta arbitraxe que un 7 de xuño de 1992, no Estadio Heliodoro Rodríguez López de Tenerife, no derradeiro partido do campeonato privou tan escandalosamente ao Real Madrid dun título de liga, anulando inxustamente un gol legal a todas luces a Luis Milla e escamoteando ata tres clarísimos penalties, non pode evitar que unha sensación agridoce percorra tódalas partes do seu ser e os lonxanos ecos dunha honra agraviada retumben na bóveda da súa mente. ¿E que é o que fai cando por fin atópase cara a cara co autor da ultraxe? Nada. Absolutamente nada.

Comentarios   

Beldoña
0 # ENHORABUENABeldoña 02/08/2009 16:40
Cuanto siento,amigo MANOLO,no haber estado presente en esa comida...Pero,q uiero que sepas que mi espíritu, allí estaba contigo,como siempre lo ha estado desde que,siendo niños, nos conocimos tanto a tí como a tus hermanos.
Te dedico esta poesía que compuse a Muxia,pueblo de mi padre y a mi segunda Patria.
MUGIA .

En campos de Clavijo espada victoriosa,
Cual Cid por Castilla, en su corcel cabalga…
¡” Santiago y cierra España” ¡

¡ Cierra y guarda tu Patria ¡…
Que en Galicia tienes tu casa…
Y tu barca, entretanto, en Mugia naufraga
Con los ángeles y su Capitana.

¡ Descuida ¡ que en buenas manos cayó tu lancha.
En manos curtidas en la mar de una tierra brava.
¡ Descansa !... que aquí sabemos cuidar
De tu Barca y de su Capitana.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador