- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 10 Xullo 2009 10 Xullo 2009
A Primeira Comunión de Brais

Toda a familia de Brais acompañouno nun dos días máis especiais na vida dun rapaz: a súa 1ª Comunión
Este domingo 5 de xullo de 2009 a Igrexa Parroquial de San Xurxo acollía unha comunión dun membro dunha familia emblemática de Camariñas: a de Brais Campaña Martínez, o fillo do noso querido usuario Juan Esteban Campaña Carril, "o Estudiante", e da súa dona María Martínez Bermúdez, residentes ao longo de todo o ano en Santiago de Compostela por cuestións de traballo, pero camariñáns ata a médula, cousa que demostran desprazándose ata esta pequena vila mariñeira en canto teñen un segundo libre e implicándose ao máximo en todas aquelas iniciativas que redunden en beneficio da mesma.
Por elo, a Pimeira Comunión de Brais só podía ter lugar na Camariñas da súa alma e na Igrexa de San Xurxo, na Buría natal da súa nai. Celebrada a misa solemne ca proverbial sabiduría de Don Jesús e rebibida a eucaristía por vez primeira por Brais, toda a comitiva desprazouse ata o Club Náutico onde tivo lugar unha multitudinaria comida de celebración que pasadas as 20:00 aínda continuaba ao son da música latina e cun Brais vestido ca indumentaria de Los Angeles Lakers, sen dúbida un dos regaliños que máis emoción fixeron sentir ao rei da festa, un Brais Campaña Martínez, que recibío por vez primeira na súa vida o Corpo de Cristo un domingo 5 de xullo de 2009.








Comentarios
FELICIDADES
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.