4.047619047619 1 1 1 1 1 Rating 4.05 (42 Votes)

Un 4 de xullo de sendeirismo co CNC

Imaxe da construcción hai xa uns anos da ruta de sendeirismo de Camariñas, agora bastante destartalada

The 4th of July. A festa de conmemoración daquela data de 1776 na que 13 colonias británicas espalladas pola Costa Este do Continente Norteamericano proclamaban aos catro ventos a Declaración de Independencia da que despois sería a máis grande e importante das nacións da terra, foi o día elexido polo CNC para celebrar a súa clásica ruta de sendeirismo dende o Castelo do Soberano ata o Faro Vilán, con comida final incluida nas instalacións do Club Náutico pola módica cantidade de 9 euros, cun menú que reproducimos no interior.

Por outra parte, tal e como publicaba camarinas.eu en exclusiva a semana pasada, a campaña de inscripción de novos socios continúa a bo ritmo e 16 persoas haberían iniciado xa os trámites para entrar a formar parte do Club Náutico decano da Costa da Morte, entre eles importantes nomes do noso Concello. Finalmente e para acompañar a publicación desta noticia decidimos rescatar do noso inagotable archivo histórico unhas curiosas imaxes da ruta de sendeirismo pola que discurrirá a comitiva deste 4 de xullo: as da construcción xa hai uns anos da así chamada por algúns "Pista de Alonso" ou "Alonso's Highway", sen dúbidas en homenaxe ao político máis importante da historia do Concello. Alomenos para o innumerable electorado de camarinas.eu.

Comentarios   

Beldoña
0 # Beldoña 27/06/2009 20:57
Si o día 4 de Xulio estón en Camariñas( que non o sei),eu fajo a ruta que eínda me encontro con forsa pa "pedalear".O ano pasado fixen coa miña muller e a sua irmá,o Camiño de Santiago dende Beldoña.En total uns 50 kms,que polos carreiros do monte,eínda son máis...
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # EU TAMEN......hombre lobo 27/06/2009 21:56
...SI PODO ESE DIA TAMEN BOU IR,E ASI CONOSCO A BELDONHA EN PERSONA..A VER SE PODE IR DIEGO,MARCOS E OS DEMAIS AMIJOS...VEMONOS.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 30/06/2009 11:16
Pasreseme muy muy ben o que estan fasendo o club nautico ojala vai muita xente e o menu e ben barato, que todo salja ben.