- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 21 Xuño 2009 21 Xuño 2009

O total dos dez nenos e nenas que fixeron a comunión este Domingo con Don Eulogio ao fondo
Avalancha de Comunións en Arou
Si o domingo 14 de xuño celebraban a súa 1ª Comunión once rapaces e rapazas na Igrexa Parroquial de Camariñas, este domingo en Arou outro tanto acontecía xa que eran dez nenos os que tomaban por primeira vez na súa vida o Corpo de Cristo. A ceremonia celebrábase neste primeiro día do verán de 2009 ás 10 da mañán nunha longa misa de caseque dúas horas na cal poidemos ver a perfecta organización do acto que correu a cargo das nais dos rapaces comulgados e do propio cura Don Eulogio. Para conmemorar este importantísimo día a organización contratou os servicios do Coro de Cee, o cal realizou unha gran actuación durante toda a misa.
E no dia máis importante para este feliz e fermoso conxunto de rapaciños e rapaciñas arouáns, tamén estaba alí a web que representa ao Concello de Camariñas e a todas as parroquias que o conforman na xungla ciberespacial a través dunha vella familia de fotógrafos que foi quen levou as rendas para realizar as reportaxes fotográficas correspondentes a estas comunións e das cales poderedes ver unha pequena parte nas máis de oitenta fotos do evento que publica camarinas.eu
{multithumbs}
Comentarios
que wapa Tamen rosa e Jusus todos moi wapos.---Espero q o pasarades ben jejee..Bikiños e moitas felicidades Andrea
Jenny y Rodrigo
Noraboa a todos
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.