O CNC inicia unha campaña de captación de socios

Co novo Programa de Verán pasar estas vacacións no Club Náutico de Camariñas será un auténtico pracer
Co novo Programa de Verán pasar estas vacacións no Club Náutico de Camariñas será un auténtico pracer

Este sábado 13 de xuño camarinas.eu adiantaba en exclusiva algúns dos puntos estrela do Programa de Verán  2009 do  Club Náutico de Camariñas, consecuencia da reunión da súa Xunta Directiva celebrada en tal data. Agora xa estamos en condicións de publicar a medida máis importante e innovadora das acordadas e posiblemente unha das máis  trascendentes do CNC nestes últimos tempos: con motivo da maioría de edade do club náutico decano da Costa da Morte este verán será posta en marcha unha Campaña de captación de novos socios os cales estarán exentos de aboar a cota de entrada (actualmente establecida en 300 euros). Deste xeito o CNC busca ampliar a súa masa social e abrirse de forma definitiva ás xentes do Concello de Camariñas. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver o Programa de Verán do CNC 2009.

Image 

Nota de Prensa do CNC

Con motivo do próximo cumprimento, por parte do Club Náutico, do seu maioría de idade, ponse en marcha unha campaña de captación de novos socios. Deste xeito, entre os vindeiros días 20 de xuño e 11 de xullo, as persoas que soliciten o seu ingreso no Club Náutico de Camariñas estarán exentas de abonar a cota de entrada establecida.
Simplemente deberán de presentar a súa solicitude por escrito, coa firma do solicitante e de tres socios que a avalen. As persoas cuxas solicitudes sexan aprobadas pola Xunta Directiva, non consolidarán a súa condición de socio de número ata transcorridos dous anos desde o momento do ingreso que, no seu caso, terá data do 1 de xullo de 2009.
O Club Náutico de Camariñas é o primeiro Club Náutico da Costa da Morte e o único dotado de pantaláns e completas instalacións de amarre de forma permanente. Tan competitivas como as súas instalacións son as súas tarifas, tanto para embarcacións de pequeno tamaño como de gran eslora, e tanto en tempada de verán como de inverno. A condición de socio, entre outras vantaxes, dá dereito ao seguinte:

- Beneficiarse dunha importante bonificación nas cotas de amarre.
- Servizo de marineria, combustible, mantemento, información meteorolóxica, escola de vela, internet, etc.
- Acceder libremente e disfrutar de todas as súas instalacións deportivas, de ocio e de recreo, etc.
- Participar en todo tipo de actos sociais, culturais, eventos deportivos, etc.

Pódese recoller a solicitude de ingreso nas oficinas ou na Cafetería do Club.

Programa Actos Veran 2009

XUÑO

13, sábado: Regata Club Náutico de Camariñas "Liga Costa da Morte 2009".

20, sábado: Tradicional Sardiñada de San Xoán.

XULLO

4, sábado: Ruta de Sendeirismo dende o Castelo ata o Faro Vilán. Posteriormente comida no CNC.

17, venres: Recepción ao mediodía con motivo das Festas do Carme.

18 e 19, sábado e domingo: Regata de Vela Lixeira "Club Náutico de Camariñas".

25, sábado: Recepción á Xira Náutica.

AGOSTO

1, sábado: Entrega do título de Socio de Honor a D. Manuel Martín.

6, xoves: Festa de benvida á Volta Náutica a Galicia.

9, domingo: Aperitivo e brindis para festexar a maioría de idade do CNC.

14, venres:  Festa infantil con concurso de pintura para nenos.

22, sábado: Comida dedicada a D. Juan Carlos Trillo Alonso, con motivo do seu nomeamento como maxistrado do Tribunal Supremo.

28, venres: Misa na Capela polos socios finados.

29, sábado: Asamblea Xeral Ordinaria. Posteriormente, Cea do Socio.

SETEMBRO

5, sábado: Comida-Homenaxe a INDUSTRIAS CERDEIMAR, S.L. con motivo do seu 125 aniversario, organizada conxuntamente coa Asociación de Empresarios de Camariñas

CLASES DE VELA

Asemesmo recórdase que ao longo dos meses de xullo e agosto impártiranse nas instalacións do CNC clases de vela en colaboración co Concello de Camariñas.


 

 


Comentarios   

xan das bolas
0 # xan das bolas 17/06/2009 13:29
Muy buena idea la campaña de captación de nuevos socios sin tener que abonar la correspondiente cuota de entrada, ahora ya nadie podrá decir que el Club Náutico mas antiguo de la Costa da Morte, es un club elitista.
Responder | Denunciar ante o administrador