"Camelle Fashion Day"

Grandes e pequenos desfilaron no Día das Letas Galegas en Camelle ante un cheo impresionante de público
Grandes e pequenos desfilaron no Día das Letas Galegas en Camelle ante un cheo impresionante de público

Tendo como campo de operacións loxísticas o Concello de Camariñas e por extensión a Costa da Morte, a comitiva xornalística de camarinas.eu non podía por menos que presentarse hoxe en Camelle para asistir in situ aos actos que a Comisión de Festas tiña preparados no Día das Letras Galegas, para así conmemorar tan importante data no calendario festivo de Galicia e de paso recaudar unha pequena cantidade ca que axudar a organizar todas aquelas festas que están por vir na vila máis norteña do Concello e das que camarinas.eu dará puntual cobertura informativa. Un programa no que tiñan cabida pandereteiras e cantareiras, a festa da caramuxa ou un desfile de modas, o "Camelle Fashion Day" a base da roupa suministrada por Modas Guillermina de Camelle. Alí estivo camarinas.eu para captar unha impresionante galería fotográfica sobre como organizar un perfecto desfile de modas.

Noticias relacionadas

 

{multithumbs}

Comentarios   

Vanesa_19
+1 # Vanesa_19 17/05/2009 22:56
Asi me gusta que fajen desfile de roupaaa esta muy bonito aber si camariñas pronto fai 1 !!!


Saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
arouana
+1 # arouana 17/05/2009 23:05
en hora boa a perla por ese desfile pero o mellor de todos foi kevin, esta como un tren
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # O ARTEBeldoña 18/05/2009 00:29
Vai por CAMELLE E POR MAN...Viva o ARTE.

MAN

Cando asomen dende alta mar
As fontes baldeiras de vida ,
E mesturen a sua negrura
Co arte maguado aquel día…

…Cando as gueivotas caian feridas
E, as pisadas sinalen o andar
Lento, pingando, con bágoas o chán,
E marque os seus pasos o alquitrán….

…A néboa, nunha tarde queda, boará
A figura acurrucada no lugar,
Erguéndo ,o fin, sobre un altar
O arte e a obra de MAN.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 18/05/2009 16:08
Todas as inisiativas son boas e si cousas como estas axudan a recaudar cartiños pas festas, mellor que mellor.
Responder | Denunciar ante o administrador
BURIAN_82
+1 # BURIAN_82 18/05/2009 19:38
Esta mui ben o que fixeron en CAmelle si señor, enorabuena!!
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
+1 # ESOS KAMELLANS,OLE POR ELES!JABA 19/05/2009 21:01
Mui bonito desfile,e moi boas ideas por parte da komision de festas de Camelle!
Responder | Denunciar ante o administrador