- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 13 Mai 2009 13 Mai 2009
Aquí en Camariñas temos de todo. Mariñeiros expertos, deportistas de élite, músicos de prestixio, xornalistas profesionais, redactores de web pentamillonarias... Dentro do grupo pertencente aos artistas melódicos nestes últimos tempos e seguindo a gloriosa estela musical inaugurada polo seu primo alá nos turbulentos anos 90 surxío un baixista de recoñecida competencia que ven de colleitar cada vez máis éxitos ao frente da base rítmica de Snatch, grupo que acaba de ser incluido na Rede Galega da Musica en Vivo polo que en breve iniciaran unha xira por distintos locais ao longo de toda Galicia.
En efecto, corrían as idus de maio daquel ano 1982 no que un país recén chegado á democracia estaba inmerso nos preparativos do máis sorprendente dos Mundiais de Fútbol, aquel da Italia campeona de Paolo Rossi e do ridículo máis lamentable que se recorda nun equipo anfitrión (España, obviamente non podía ser outro), cando na Clínica Rosaleda de Santiago de Compostela, en horario taurino e coincidindo ca Feria de San Isidro, cara ás cinco da tarde dun 14 de maio nacía Pablo Laranjo Campaña, fillo de Luis Laranjo Martínez e Mariluz Campaña Blanco. Despois, co paso dos anos e exprimindo esa curiosa veta artística que non poden evitar certos membros da familia Perrúa, empezou unha esforzada pero exitosa carreira musical como baixista do grupo Snatch, o cal nestas últimas épocas multiplica as súas actuacións. Por todo elo, esta redacción deséxache: ¡¡UN FELIZ CUMPREANOS!!
www.myspace.com/snatchsantiago
Noticia relacionada sobre o grupo Snatch
Comentarios
Antonio
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.