4.4423076923077 1 1 1 1 1 Rating 4.44 (52 Votes)

Pablo e María José bautizan a súa filla Naiara

Fotomontaxe na que podemos ver a Naiara cos seus pais, súa madriña e a virxen que a protexerá por sempre
Fotomontaxe na que podemos ver a Naiara cos seus pais, súa madriña e a virxen que a protexerá por sempre

O domingo 10 de maio de 2009 os nosos queridos amigos Pablo Gerpe e María José Vigo bautizaron á súa preciosa filla de ollos azuis Naiara nun espléndido día de verán. Eran as 12 da mañán cando chegaban os pais, padriños e demáis familia á concurrida Igrexa Parroquial de Camariñas onde xa os esperaba o noso admirado Cura Párroco Don Jesús para darlles as últimas instruccións para levar a cabo o sacro rito do Bautismo. Trala breve pero sabia homilía, chegaba a hora dunha Naiara que aguantou ben o seu paso para formar parte da gran comunidade cristiana de Camariñas. Despois, as consabidas fotos de rigor foron realizadas polo director de camarinas.eu Diego Alonso que rexenta a casa de fotografía camariñana de toda a vida Foto Alonso, aínda que con outro nome máis fashion: netcam dixital.

Rematadas as fotos, a comitiva desprazouse cara o Restaurante Villa de Oro onde Lita e os seus cociñeiros tiñan preparados uns esquisitos manxares para celebrar o Bautismo de Naiara. En fin, da gusto volver cada domingo á nosa igrexa parroquial porque, se xa é un pracer escoitar as sabias interpretacións das santas Escrituras por parte de Don Jesús, os domingos na Igrexa estámonos acostumbrados a sorpresas moi agradables. Unha delas aconteceu este domingo cando poidemos ver que o Coro Parroquial de Camariñas tiña, ademáis dun palco de madeira recén feito, un novo membro de tan só 9 anos chamado José Francisco que ven sendo fillo de Aurita e Pepe de Fela e que emocionou a todos os asistentes a misa do Domingo coa súa anxelical voz. Todo un pracer escoitar a este neniño. Todo esto poderedes velo no interior desta noticia pulsando na foto principal.

Pablo e María José bautizan a súa filla Naiara

O domingo 10 de maio de 2009 os nosos queridos amigos Pablo Gerpe e María José Vigo bautizaron á súa preciosa filla de ollos azuis Naiara nun espléndido día de verán. Eran as 12 da mañán cando chegaban os pais, padriños e demáis familia á concurrida Igrexa Parroquial de Camariñas onde xa os esperaba o noso admirado Cura Párroco Don Jesús para darlles as últimas instruccións para levar a cabo o sacro rito do Bautismo. Trala breve pero sabia homilía, chegaba a hora dunha Naiara que aguantou ben o seu paso para formar parte da gran comunidade cristiana de Camariñas. Despois, as consabidas fotos de rigor foron realizadas polo director de camarinas.eu Diego Alonso que rexenta a casa de fotografía camariñana de toda a vida Foto Alonso, aínda que con outro nome máis fashion: netcam dixital.

Rematadas as fotos, a comitiva desprazouse cara o Restaurante Villa de Oro onde Lita e os seus cociñeiros tiñan preparados uns esquisitos manxares para celebrar o Bautismo de Naiara. En fin, da gusto volver cada domingo á nosa igrexa parroquial porque, se xa é un pracer escoitar as sabias interpretacións das santas Escrituras por parte de Don Jesús, os domingos na Igrexa estámonos acostumbrados a sorpresas moi agradables. Unha delas aconteceu este domingo cando poidemos ver que o Coro Parroquial de Camariñas tiña, ademáis dun palco de madeira recén feito, un novo membro de tan só 9 anos chamado José Francisco que ven sendo fillo de Aurita e Pepe de Fela e que emocionou a todos os asistentes a misa do Domingo coa súa anxelical voz. Todo un pracer escoitar a este neniño.
{multithumbs}

Comentarios   

duquesa
0 # felicidadesduquesa 13/05/2009 14:15
deseovos o mellor tendes unha nena preciosa disfrutadea que e unha maravilla
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 13/05/2009 21:53
Pablo e Maria jose,muitas felisidades por esa nena tan bonita e con eses ollasos,deseovo s muita suerte pos tres.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # NAIARA.....hombre lobo 14/05/2009 10:31
...SUMOME AS MINHAS COMPANHEIRAS,PA RA DESEARCHE QUE SEAS MOI FELIS O LADO DOS TEUS,QUE SEJURO QUE SINTEN UNHA ALEJRIA INCOMPARABLE ESTRENANDOSE COMO PAIS..CREO QUE NADA NESTA VIDA PODE SER TAN EMOSIONANTE COMO CANDO CHE NASE UN FILL@..FELISIDA DES PABLO E MARIA JOSE.
TAMEN RECALCAR O QUE DI DIEGO,QUE CADA DIA DA MAIS JUSTO IR A MISA DOS DOMINGOS,SEMPRE CON AJRADABLES SORPRESAS,JRASI AS A DON JESUS E AS MONXINHAS..CREO QUE TEMOS O MILLOR CURA DA HISTORIA DE CAMARINHAS..E DO CORO DESIR QUE ESCOITANDO A ESTE NENO,FRAN CARRIL,PUXERONS EME OS PELOS DE PUNTA CO BEN QUE O FIXO,E RECORDEI CANDO EU E OS DA MINHA QUINTA CANTABAMOS CO DIFUNTINHO DE NICANOR,OU CANDO NO SEMINARIO IBAMOS OS DOMINGOS CANTAR A CATEDRAL..XA CHOBIO.SALUDOS.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 14/05/2009 17:03
Muitas felisidades os novos pais por esta neniña tan bonita. Noraboa
Responder | Denunciar ante o administrador
merlin
0 # merlin 18/05/2009 17:46
Moitas gracias a todos por felicitarnos a nosa filla.
Maria Jose e Pablo.
Responder | Denunciar ante o administrador