3.0833333333333 1 1 1 1 1 Rating 3.08 (12 Votes)

Portada do Libro das Mulleres de Camariñas
Portada do Libro das Mulleres de Camariñas

A Área de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas ven de publicar o libro "Mulleres Significativas de Camariñas", cuias autoras son Paula Rama Morales, técnica de igualdade do Concello de Camariñas e Alicia Camiño Mouzo e Olga Sánchez Mouzo, Bolseiras do programa.

O citado libro, que está adicado a todas aquelas mulleres do Concello de Camariñas que coa súa labor calada e sacrificada ao longo de tantos anos, fixeron posible que Camariñas saira adiante, foi financiado conxuntamente pola Cruz Vermella e a Escelentísima Deputación de A Coruña. Ademáis, como novidade, o libro estará a disposición de tódolos usuarios que utilicen a base de datos da Universidade de Santiago de Compostela , o cal fai posible que un internauta en calqueira parte do mundo poida coñecer a historia da vida das mulleres máis significativas do noso Concello. Pulsa na foto para ler a noticia completa.

O libro, cunha maquetación e encuadernado técnicamente irreprochables foi elaborado na Área de Igualdade, Servizos Sociais e Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas; as correcións do texto correron a cargo de Patricia Vaquero González (técnica de igualdade) e as correcións da maquetación a cargo do Técnico Informático do Concello Jose Manuel Sestayo.

"Mulleres Significativas de Camariñas" vai encabezado polo poema de Olga do Petrayo "As Mulleres de meu pobo" e presenta cinco apartados: 

  1. Presentación
  2. Biografía das mulleres significativas de Camariñas, divididas por ámbitos (artesán, educativo, político, sanitario, etc..)
  3. Glosario de expresión ou ditos populares.
  4. Bibliografía
  5. Agradecementos

Créditos do traballo
Créditos do traballo
Así, dentro das mulleres que teñen cabida no presente libro están, entre outras: Cristina Fernández Pasantes (Fareira), Ana María Mouzo (1ª Concelleira de Camariñas no ano 1979), Mª Soledad Soneira Tajes (Deputada do Parlamento Galego), María Barcia Gerpe (Parteira de Camariñas), Luisa Romar Vázquez (Campaneira e Sacristá), e así continúa un amplo catálogo das mulleres máis sobranceiras do Concello de Camariñas no último século.

Este libro vai acompañado de un documental en formato DVD realizado polas alumnas do primeiro obradoiro de producción audiovisual para mulleres impartido na parroquia de Ponte do Porto (Concello de Camariñas): "A MEMORIA DO TEMPO" . O obxectivo deste documental é visibilizar e valorar o papel da muller na nosa comunidade e motivar ao colectivo femenino para que loite polos seus dereitos e sexan as propias mulleres quen recuperen a memoria das protagonistas doutros tempo non tan lonxanos.

Finalmente só cabe engadir que a redacción de camarinas.eu despois de ler atenta e detidamente este ameno volumen recomenda vivamente a lectura de "Mulleres significativas de Camariñas" un libro vital para coñecer a historia do noso Concello.

DVD do documental
DVD do documental
 


 

 

Engadir un comentario