4.5820895522388 1 1 1 1 1 Rating 4.58 (67 Votes)
Cinco días de Mostra do Encaixe. Preto de 20.000 visitantes que inundaron as rúas de Camariñas a pesares do mal tempo.  Unha segunda edición do Mostra Beauty que elexío a maior beleza entre as modelos participantes na pasarela da máis importante feira de encaixe do mundo. Unha caravana de coches de luxo que desfilou por un Paseo Marítimo de categoría. Unhas festas da Virxe do Monte que recobraron o esplendor perdido coroadas cunha impresionante peregrinación cristiana ata a ermita milenaria... E o Chiquitren. Que ninguén pense que esta redacción se olvidou do medio de locomoción que inaugurou o tendido das redes ferroviarias no Concello de Camariñas. Pulsa na montaxe para ver a amplia galería fotográfica que reflexa cinco días de ensono en Camariñas aderezada de cinco impresionantes vídeos.

Así foi a Mostra do Encaixe de Camariñas 2009


Contan as crónicas que este ano foron contabilizados 20.000 visitantes na Mostra do Encaixe. Lonxe quedan aquelas primeiras edicións nas que a novidade introducida pola Mostra no escaparate  de feiras e certámenes internacionais fixo que ata 52.000 persoas visitaran Camariñas na Semana Santa con claras repercusións turísticas en toda a Costa da Morte e comarca de Soneira. E sen embargo, por poñer un exemplo, os medios nacionais falan de que o Museo do Prado con exposicións estrela adicadas a Francis Bacon ou a Paul Thek, batío esta Semana Santa o récord de visitantes ao recibir un total de 75.225 visitas entre o 6 e o 12 de abril, mentras o Museo Thyssen contabilizou entre os pasados días 7 e 12 un total de 21.522 persoas. Falamos de Madrid e falamos de dous dos máis importantes museos do planeta e nembargantes a diferencia en proporción non parece tan grande...

Polo demáis esta Semana Santa tamén poidemos comprobar que o gusto estético do pobo humilde e traballador camariñán inclínase pola beleza española clásica. En efecto, tras o triunfo Cristina García Eissman na primeira edición do Mostra Beauty, este ano unha modelo de concións físicas moi semellantes (morena de pel e pelo, maneiras hispanas e garbo sureño) volvío a levarse cunha facilidade sorprendente un concurso de beleza que se reafirma como unha das grandes realidades da Mostra do Encaixe e que consigue miles de votos en tan só catro días, demostrando de forma clara e sinxela o liderazgo de camarinas.eu como web de referencia da Costa da Morte a través de iniciativas sanas e desinteresadas que atraen visitantes de máis alá do noso concello. Gañou a típica beleza hispana e eso a pesares da querencia polas belezas rusas de algún que outro membro desta redacción, proba inequívoca do carácter democrático e inmanipulable das enquisas organizadas por camarinas.eu.

Extramuros da Mostra, puidemos deleitarnos co placer sonoro e estético inigualable do Grupo de Gaitas "Abrindo Rejo" de Xaviña, arte popular galega en movemento. Asemesmo a Asociación de Empresarios organizou un desfile de coches de luxo na pasarela de categoría constituida polo noso remozado e impresionante Paseo Marítimo. Pero sobre todo e ante todo, triunfante e Rei de Reies indiscutible da Mostra, auténtico Zar das redes ferroviarias, dos camiños de ferro do Norte, contemplamos sobrecollidos a maxestuosidade inmarcesible da locomotora a vapor do Chiquitren. E repentino como unha bala de diamante disparada ao centro da nosa xa despexada polos rigores do tempo frente, surxío en nos o desexo que aquí deixamos como testamento lapidario da redacción de camarinas.eu: o día que xa non estemos nesta terra chea de pecado e no que o Señor nos chame á súa beira, só pedimos que as nosas cinzas sexan esparcidas ao Mar de Reira dende os vagóns evocadores do Chiquitren...

Noticias relacionadas


O Chiquitren xa está aquí 2008
Cristina García Eismann, Reina do Mostra Beauty 2008
A Mostra do Encaixe nos medios gracias a camarinas.eu

Comentarios   

seran7989
+1 # RE: Resumen final da Mostra do Encaixe 2009seran7989 16/04/2009 23:36
Bonito reportaje,norab oa,mostranos muitas cousas que non vimos,jrasias.
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
+1 # RE: Resumen final da Mostra do Encaixe 2009adry 16/04/2009 23:53
hola, moi bonitas todas as fotos, pero quen lle quitou a foto a miña abuela gloria? fostes ti marcos? era para tela pero nun tamaño normal, joba q gans q teño d ver a miña abuela e a miña mami, q as voto muito d menos, bikiños
Responder | Denunciar ante o administrador