4.4745762711864 1 1 1 1 1 Rating 4.47 (59 Votes)

Delikatessen en homenaxe a Man

Perla: a inventiva e creatividade dunha maestra pasteleira constitúe a mellor homenaxe a Man
Perla: a inventiva e creatividade dunha maestra pasteleira constitúe a mellor homenaxe a Man

Agora que os nosos políticos (ben xaleados por algún que hai por ahí) andan a pau libre a conta do tema de Man, de forma calada e sin espectáculos estes días por fin vimos unha iniciativa que se pode calificar de útil e proveitosa: trátase das "Pedras e Delicias de Man" ideadas por unha das mellores panaderías deste concello, a que ten a nosa amiga e seguidora Perla en Camelle, como forma de orixinal  homenaxe culinaria ao xenio inconoclasta alemán. Elaboradas a base de améndoa e chocolate cen por cen natural sairán á venda con motivo da XIX Mostra do Encaixe esta Semana Santa nas tendas da Panadería Perla en Camelle e na Ponte e posiblemente nun stand dentro do recinto da Mostra

Desta forma á marxe dunha política que tanto pode envenenar as relacións entre veciños, a xente humilde e traballadora rende unha homenaxe innovadora e orixinal á quen se convertío co tempo no auténtico símbolo e seña de identidade de Camelle, un xenio incomprendido e inclasificable que seguramente de seguir vivo estaría moi axeno a toda a polvareda que se levantou con motivo do seu nome. E é que a través da sabiduría panadeira e pasteleira de Perla, a obra e universo particularísimo de Manfred Gnadinger volve a ser recreado en forma de chamativas delicias e pedras de cores elaboradas a partir da mellor améndoa e chocolate de forma absolutamente artesanal. O cal sen dúbidas constitúe a maior homenaxe que puidera facerse a Man se temos en conta que na súa Alemania natal, antes de recalar en Camelle, xa artellaba creacións imposibles como mestre panadeiro. En fin, porque ao fin e ao cabo tanta arte e orixinalidade tan só podía surxir no mesmísimo Camelle.
{tab=Galería Perla}
{multithumbs}
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image //

Comentarios   

seran7989
+1 # RE: Panaderia Perla: Pedras e Delicias de Manseran7989 04/04/2009 11:07
Noraboa a Perla,pareseme unha boa idea.
Responder | Denunciar ante o administrador
Muiñodovento
+1 # RE: Panaderia Perla: Pedras e Delicias de ManMuiñodovento 04/04/2009 22:36
e unha boa idea e os dulces teñen muy boa pinta,o unico que non me justa muito personalmente e a foto do man,que xa pasa de publicidad,xa e (FUI) conocido por todos os veciños.utilisa r as fotos do que fixo esta ben e é bonito,as del (non sei)
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Panaderia Perla: Pedras e Delicias de Manmantida 05/04/2009 17:58
Por min as pastelerías daban quiebra, non son dulseira pero teño que desir que quen probou eses pasteliños, dixome que estaban muy boos, ainda que a min non me juste o dulse, espero que vos vai ben nas ventas.
Responder | Denunciar ante o administrador