4.4920634920635 1 1 1 1 1 Rating 4.49 (63 Votes)
Foto final da mellor Escola Taller na que o alumnado enseña orgulloso os seus diplomas de graduación
Foto final da mellor Escola Taller na que o alumnado enseña orgulloso os seus diplomas de graduación

Eran pouco máis das 13.00 do venres 27 de marzo de 2009 cando remataba unha alianza que fixo historia. Tratábase da alianza non escrita, non rubricada sobre papel algún, pero fluida e fecunda entre a Escola Obradoiro Aldea Madeira e a web camarinas.eu: 18 meses de andaina común, máis de 15 noticias publicadas que acadaron no seu conxunto máis de 100.000 visitas, unha Escola Taller que constituío unha fonte inagotable de redactoras para esta web, a amistade e complicidade entre ambas direccións, pero sobre todo un bo facer e unha profesionalidade publicitada a través da web maís vista da Costa Atlántica. Pulsa na imaxe para ver o acto postrero e final da Escola Taller máis exitosa que se vío por estas terras.

Remata a Escuela Taller máis exitosa

Dezaoito meses das nosas vidas transcurriron dende aquel día plomizo e chuvioso de principios de outubro de 2007 no que camarinas.eu desprazouse ata o Centro de Iniciativas Empresariais para entrevistar no primeiro día de existencia da que resultou ser a Escola Taller máis exitosa que se ten desenrolado no noso concello a Pili, Vanessa, Tania e Paula, catro das alumnas que compoñían un alumnado voluntarioso e entregado ás labores de cociña, hostelería e animación sociocultural. Posteriormente reportaxes exitosas e de calidade sucederíanse cíclicamente, dando lugar a profundas relacións de amistade entre esta redacción e a dirección da Escola e co seu alumnado, do que incluso chegarían a saír redactoras desta web.

E claro, camarinas.eu non podía faltar no acto de clausura da Escola Obradoiro. Un acto que comenzou na mañá deste venres 27 de marzo con certo retraso e ao que asistiron entre outros o Alcalde, diversos concelleiros, o líder da oposición municipal, a delegada da Consellería de Traballo (que era a que financiaba o asunto) e familiares dos alumnos que se graduaban e que no medio de tanto discurso non debemos olvidar que eran os grandes protagonistas do evento que tiña lugar. Como tamén o director de Escola Taller, Alberto Rogelio Fuentes e o impresionante equipo humano e profesional que durante estes meses tan duramente se esforzou por dar a estas rapaces e rapazas unha formación adecuada para o competitivo e implacable mercado profesional que se van a atopar unha vez fora da Escola municipal.

Para o futuro, o Pleno do Concello en sesión celebrada a finais de febreiro solicitou ante a Xunta a realización doutra Escola Obradoiro no noso Concello, asemesmo de cociña, hostelería e animación sociocultural se ben máis reducida en canto a orzamento e alumnado. Si se concede, alí estará dende o primer día camarinas.eu para intentar cubrila polo menos de forma igual de exitosa que a Escola Taller que fenecía de forma irremediable na encapotada e triste mañan do venres 27 de marzo de 2009. Alumnos, alumas, profesorado: esperamos que a forma en que cubrimos os vosos actos, vos encheran de tanta ilusión como a nos cubrilos e publicalos. Ata sempre.

Noticias relacionadas sobre a Escola Obradoiro Aldea Madeira

 

 

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 28/03/2009 21:23
ESTADES MUI WAPAS TOD@S ADIOS CON EL CORAZON QUE CON EL ALMA NO PUEDO CHAO WAPAS SEFA E OS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
0 # corvo 29/03/2009 10:58
enhora boa a TOD@S ,xa tendes aljo pa empesar a vida laboral que e muy larja,felisitas ions,mosos e mosas.Ahora ides preparando uns pinchiños pa cando vaiamos polo vran de vacasions probalos e darvos o certificado final.CUA CUA CUAC
Responder | Denunciar ante o administrador
MBCA
0 # MBCA 29/03/2009 21:44
foi un ano e medio estraordinario pa todos os q estuvemos na escola tayer..aprendem os muitisimas cousas,pero eu creo q oq mais se vai poñer de menos ea compañia de todolos compañeir@s e de todolos profesores..e sintome content x ter a oportunida de poder aprender con todos os profes e de ter os meus compañeiros..gr asias..!!von vs poñer de menos a todos..pero bueno aora sige segir e buscar trabayiñoo xa q tubemos este ano formandonos e somos todos uns campeons jeje..veña un biqiño a todos
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 29/03/2009 23:04
O mellor de todo e que aljo xa aprendestedes e ahora que teñades suerte e encontredes traballo.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # ESCOLAS OBRADOIROS...hombre lobo 29/03/2009 23:14
...EN CAMARIÑAS DESDE O ANO 92,AQUELA PRIMEIRA ESCOLA TALLER NA QUE TANTOS ALUNNOS FIXEMOS OU INTENTAMOS FASER UNS APRENDISAGES OU OFISIOS...SI MAL NON RECORDO NAQUEL ANO 1992 ESTA ERA A ESCOLA TALLER MAIS JRANDE DE ESPAÑA,(SI A ALJEN LLE PARESE UN FAROL QUE SE INFORME),ESCOLA CON ALBAÑILERIA,CAR PINTERIA,CORTE E DISEÑO CONFECCION,BIOL OXIA,XARDINERIA ,ETC..ESCOLA QUE SE FIXO NO EDIFISIO DONDE E AHORA CADENA CEN,PRESISAMENT E EN CADENA CEN ERA A CARPINTERIA.PRO XECTOS COMA ESTES QUE SE FIXERON E SE FAN SON IMPORTANTISIMOS PARA OS MAIS NOVOS,PARA PREPARARSE PA UN FUTURO,(OS QUE POÑAN EMPEÑO)..SOBRE ESTA ESCOLA EN ALDEA MADEIRA,CHAPO.. TANTO EN COCIÑA COMA EN HOSTELERIA OU ANIMACION..FELI SIDADES A TODOS,PRIMEIRO A OS ALUNNOS E TAMEN PROFESORES,MIJE L,JORGE,BERNARD ,E A ALBERTO O DIRECTOR,TAMEN A TODOS OS QUE FIXERON O POSIBLE E TRABALLARON PARA DARLLE ESTA OPORTUNIDAD A XUVENTUD.
VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
Jenny
0 # Jenny 30/03/2009 16:44
Felicidades a todos chavales polo voso dimploma, en especial a miña primocha Elena Blanco... FELICIDADES GUAPA MERECELO !!! Bicos
Responder | Denunciar ante o administrador
rousse
0 # rousse 30/03/2009 18:41
felicidades primocha aora a espero que teñas sorte e encontres aljo que che juste.un bico fati
Responder | Denunciar ante o administrador
arouana
0 # escola tallerarouana 01/04/2009 13:49
eu vivin a do 92 esa si que foi una escola taller tres a niños ali metidos,
na setaria do señor pitorreo que momentos a queles, asta lle ibamos dar de comer as larvas os fin de semana,
foi o mellor dos meus dias de traballo, entotal eramos 15 alunos, na espesialidade ena escola enteira eramos sobre 90 alunos, seme a cordo tomano o desalluno no bar piña e quelo foimoito...unsa ludo pa todos que ali tu vemos......
Responder | Denunciar ante o administrador