4.6447368421053 1 1 1 1 1 Rating 4.64 (76 Votes)

Todas as fotos do Concurso de Carnavales 2009

Imaxe do magnífico aspecto que lucía o Pavillón Municipal no martes de carnaval de 2009
Imaxe do magnífico aspecto que lucía o Pavillón Municipal no martes de carnaval de 2009

Na tarde deste 24 de febreiro un Concurso oficial dos Carnavales do 2009 que estaba programado para as cinco da tarde empezou cun retraso de máis de media hora porque Verónica, a encargada da biblioteca municipal, Karina e Margarita, membros do xurado, non daban abasto a inscribir a toda a tropa de rapaciños e rapaciñas de Camariñas que querían tomar parte no máis multitudinario concurso de disfraces que se vío nunca no Polideportivo Municipal: máis de 115 cativos luciron as súas mellores galas diante do público que abarrotaba o Pavillón. Pulsa na imaxe para ver unha amplísima galería fotográfica e ler a nómina de premiados.

Concurso de Carnaval do 2009

A todo esto hai que decir que o Comité de Sabios Expertos  que tiña encomendada a difícil labor de decidir entre tan variado e fenomenal muestrario de disfraces estaba composto por Karina Carril Ramos, Margarita Seijas Carballal e Marcos Vázquez Campaña, que a duras penas deron atopado un veredicto xusto ante tal mostra de talento interpretativo. As categorías do concurso eran tres e os premios quedaron repartidos do seguinte xeito: na categoría infantil o 1º premio foi para a rapaciña de dous anos Sasha Rocha Morate vestidiña de monxa; 2º premio para Martín Luaces Castro, 6 anos, disfrazado de bobina de fío; e 3º premio para Isaac Leis Garrote cun disfraz de aviador de combate a lomos da súa propia aeronave.

Un único participante houbo na categoría de invidual adulto, foi a nai do 1º infantil, Deborah Morate Núñez, que vestida de sevillana levouse o 1º premio dotado con 100 euros. En fin, premio por partida doble dentro do seno da mesma familia. Finalmente chegouse o máis disputado e polémico premio, o referente ás comparsas, con cinco participantes e que quedou como se sinala a continuación: 1º premio para "O Home do tempo" representado por María del Monte Bouzas Carril; 2º premio para "Ovos de Corral" que tiña como representante a Bárbara Mouzo Canosa; e de 3º premio "Tetris" con Cristina Pasantes Barilleira á cabeza. En fin, queridos usuarios, unha tarde deliciosa para todos queles pais, rapaces e sabios expertos que se acercaron ata o Pavillón Municipal nun acontecemento que durante máis de dúas horas entretivo a todos os asistentes e no que o xurado fallou coa dilixencia dun bo pai de familia (Dereito Civil) ou a de un honrado comerciante (Dereito Mercantil).


Comentarios   

hombre lobo
0 # BEN,BEN....hombre lobo 25/02/2009 10:35
...BONITOS OS TRAXES E ALJUN BEN LABORIOSO..EU NON PUDEN IR,PERO PASEI POLO PAVILLON E AVIACHE BEN DE XENTE,E MOI ANIMADA ADEMAIS.SALUDOS.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
0 # faltaban disfraces pero estuvo moi benadry 25/02/2009 13:18
puxéreonse de menos moitos máis disfrazes pero estuvo moi ben a tarde,a min a que máis me gustou sin duda foi a monxiña, e de comparsas a de vanesa de marta,cris, deborah etc pero bueno non todos gustos teñen que ser iguales, bikiños
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 25/02/2009 19:47
Noraboa a todolos participantes,g anadores ou non.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 26/02/2009 18:23
pos si que estuveron todos muy ben pero de mayores fui muy pouca xente disfrasade.
Responder | Denunciar ante o administrador