4.8076923076923 1 1 1 1 1 Rating 4.81 (130 Votes)

Ana, unha feliz mamá, posa co seu segundo filliño Joel e cun osito de regalo

A nacemento de Joel era un deses acontecementos que levábamos preparando con esmero e cariño durante toda a semana en camarinas.eu: no mesmo momento en que Gelinita nos confirmara que a súa prima Aniña de Sofía dera á luz sen maiores complicacións e felizmente un fermoso bebé, unha brigada de redactoras de camarinas.eu poñeríase en camiño para cubrir tan agradable noticia e ofrecer a tódolos nosos usuarios as primeiras fotos de Joel, o novo filliño de Ana que virá a facer compañía ao seu irmán maior Gabi. Sen embargo, cando as rotativas xa estaban a punto de imprimir a noticia, quedaron paradas mediante un terrible blackout informativo que nos tivo a dúas velas ata a soleada mañán deste esplendoroso domingo 15 de febreiro. Pulsa na foto dunha feliz e radiante Ana para ler a noticia completa.

Nacemento dun futuro usuario de camarinas.eu

Era a noite do martes cando Aniña asomaba pola nosa web para dar o pésame pola morte de Chuchita. Pouco máis de doce horas despois, exactamente ás 15:00 do mércores 11 de febreiro de 2009 daba felizmente a luz e sen maiores complicacións un fermoso bebé que tivo un peso de 2,900 kilogramos e que recibirá o nome de Joel.  Un rapaciño que virá  facerlle compañía ao primer fillo de Ana, Gaby de catro anos de idade e fruto do seu matrimonio con David, que foi o encargado de elexir o nome do seu novo irmanciño.

Así pois, para estar ao lado da súa amiga en tan feliz e importante momento, achegáronse  na mañá do xoves ata o Hospital Materno-infantil da Coruña as nosas redactoras Adry, Lucía e María Belén: a redacción femenina de camarinas.eu ao completo. Alí, acompañando a súa filla e ao seu netiño xa se atopaba Sofía, cuios cuidados expertos e consellos sabios axudarán a Aniña a criar a tan fermosa e xeitosiña criatura. E á semellanza dos Tres Reyes Magos de Oriente, chegaron as nosas tres redactoras cargadas de regalos: Lucía levoulle un cambiador de pañales e un xogo de chupetiños, mentres que Adry reagaloulle unha camiseta e un pantalonciño, que viñeron a facer compañía a algúns presentes que xa estaban alí, entre eles un espectacular osito de peluche. En fin, Ana, na redacción de camarinas.eu aledámonos de que todo saíra á perfección e sen maiores problemas. Xa sabes, agora ven o máis difícil: a complicada e dura tarefa da educación dun fillo. En todo caso, ¡¡Moitas Felicidades Aniña!!

Poesía adicada por Antonio Puertas

JOEL

Joel es un tesoro
Que la vida nos ha dado,
Es un niño del futuro,
¡¡Bienvenido a nuestro lado!!

Vivirás en otros tiempos
Que el mañana habrá creado,
No te olvides que eres fruto
De lo que fue tu pasado.

Antonio Puertas

Comentarios   

lucia018
0 # TAN bonitiño ches jeje!lucia018 15/02/2009 13:49
PoS MOITAS felicidades ANiña
Por ese bebe tan binitiño....Joel..
A de ser tan guapo como Gabi...
Moitos bikiños e espero verche moi pronto por camariñas jejej pa podelo pasear eu eee jejeje...Felici dades...
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # FELICIDADES PAREXArubiasexy 15/02/2009 14:06
MUITAS FELICIDADES ANIÑA E DAVID POR ESE SOBRIÑO TAN JUAPO BUENO COMO SEUS PAIS ANIÑA MIMA QUE CONTENTO ESTA O TEU HOME BUENO QUE O IMPORTANTE E NASER VEN CON SALUD QUE SE CRIE PARA VEN FELICIDADES DE TEUS TIOS SEFA E OS PEDROS FUERTEVENTURA VIKIÑOS POS CATRO
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 17/02/2009 13:12
Por fiiiiiiiiiin podo felisitarche.Mu itas Felisidades Ana e David por esa doble maternidad resién estrenada. Esperamos que xa estés recuperada e que todo vaia vento en popa. Esperamos vervos pronto.Saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 17/02/2009 13:21
muitas felisidades ana e esposo polo neno que acaban de ter,perdonade por felisitarvos tarde pero a pagina estubo un pouco de vacasions e non puden antes
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
0 # joel o neno mas wapo de camariñasadry 17/02/2009 15:54
tan bonitiño eh ches,daba gusto velo, e tamén ver a Sofía toda contentiña q lle caia a baba co seu netiño, e Ana wapísima como sempre.
O máis gracioso foi cando o collín q non sabía como que nunca collera a un recién tan pequeniño, pasámolo moi ben no hospital e o mellor de todo e que salío sanísimo e wapísimos como seus pais.

muitos bikiños Ana e esperamosche pronto en Camariñas eh que cho temos que pasear eu más luci.
muakiss.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 17/02/2009 17:03
Muitas felisidades a eses pais por ese neniño Joel, que se crie fuerte e travieso como Gaby......ou non tan travieso porque Gaby e ijual que un terremoto.Suert e.
Responder | Denunciar ante o administrador
Ana
0 # NON TEMOS PALABRASAna 17/02/2009 17:11
Hola,boas tardes.
Bueno pos eu a verdad e que non sei nin como empesar e como poñervos pra darvos as grasias a tod@s polas vosas enoraboas,a verdad e que cando me desia miña tia Sefa que nos derades muita xente a enorabuena non o creia e a verdad e que pensei que non fora tanta,tanta xente.
Muitas,pero que muitas grasias a tod@s,non teño palabras para agradeseros a tod@s polas vosas felistasions.GR ACIAS DE CORAZON A TOD@S.
E bueno nos ahora xa tamos na casiña e mui ben os dous,a verdad e que estamos tod@s mui contentos por este neno tan deseado.Cada dia que pasa esta mas juapo,jajaja.qu e vai desir a nai non?jajaja.
E miña nai tamen esta que chochea,si a virades,jajaja, esta todo dia mirando pa el.A verdad e que xa tiñamos janiñas de velo,pero mira ahora xa esta aqui con nos.
Pos bueno o dito muitas grasias a tod@s e si dios quer a ver si nos vemos este fin de semana por Camariñas que Joel xa ten janas de conoser a sua terriña.Un bikiño mui grande para tod@s
GRACIAS.
Aniña de Sofia e familia.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # DAVID E ANA...hombre lobo 17/02/2009 18:03
...MOITISIMAS FELISIDADES..EU SEMPRE DIJO QUE NON SABES O QUE E QUERER CON TODALAS FORSAS DO CORASON ASTA QUE TES FILLIÑ@S..O NENIÑO E BONITO COMO UN SOL E TEN CARA DE BOA SAUDE,JRASIAS A DIOS.
ADRI,CAPELUCITA E BELEN...A VER A QUE ESPERADES,QUE O PEOR E FASELO..JAJAJAJ A..SE NON PREJUNTADELLE A DAVID..OS PAIS SUFRIMOS MOITO VENDOBOS JRITAR NA FABRICASION A MAIS NO PARTO...ANIMADE VOS!!!!QUE E A COUSA MAIS BONITA DO MUNDO..SALUDOS.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # ¡¡¡¡ BIENVENIDO!!!Beldoña 17/02/2009 18:37
Bienvenido a tu pueblo JOEL,disfruta de él,como lo hicimos todos los que tuvimos la gran suerte de nacer o vivir en CAMARIÑAS.Me alegro mucho de que todo hubiera salido bien.
ENHORABUENA a tus padres y demás familia.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # ruliña 17/02/2009 19:29
ANIÑA MUITAS FELISIDADES ,POR ESE NENIÑO TAN GUAPO .ESPERO QUE TODO NA VIDA CHE VAIJA BEN.E MUITAS FELISIDADES A SUA BUELA SOFIA QUE LLE CAE A BABA CON OUTRO NETIÑO MAS ,UNH BIQUIÑO PARA TODOS DA MIÑA PARTE
Responder | Denunciar ante o administrador
marcosbouzas
0 # marcosbouzas 17/02/2009 21:47
FELICIDADES ANIÑA E UN BEBE PRECIOSO
Responder | Denunciar ante o administrador

Tamén che pode interesar...