Novo mural feminista no CEIP Ponte do Porto

O Concello de Camariñas homenaxea e pon en valor os principais oficios das mulleres da zona a través dun mural no CEIP Ponte do Porto. Na peza aparecen seis mulleres desenvolvendo seis oficios nos que se inclúen labores máis tradicionais, ligados ao sector primario, e outros máis vencellados a ciencia e a investigación. ...

O proxecto "Camiño ao Emprego" inicia as súas tarefas no Concello de Camariñas.

O pasado 28 de Decembro comezou en Muxía o obradoiro dual de emprego promovido polos concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo. Dirixido por Lidia Varela consta de dúas áreas de acción: “actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e “promoción turística local e información ao visitante”. ...

Volve “O Mar na Escola”

Dende o ano 2004 os alumnos de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do Concello de Camariñas participaron no programa “O Mar na Escola” de forma ininterrompida. Porén, debido a situación sanitaria durante o 2020 este non puido levarse a cabo, mais volve no curso presente tras recibir o permiso da Inspección Educativa. ...

Marzo violeta no Concello de Camariñas

A violencia de xénero e os seus perigos sempre estiveron aí, pero nos últimos anos os datos están a ser cada vez máis preocupantes. Pensar que na pasada corentena (14 de Marzo a 15 de Maio do 2020) un total de 18.700 mulleres foron atendidas mediante o número de teléfono especial dispoñible para estes casos ou mediante consulta vía correo electrónico, segundo Noemí López Trujillo para Newtral.es. A situación empeora na xente nova, naquela que supostamente debería mellorar. Durante o 2019 as denuncias por violencia de xénero nos menores de 18 anos aumentou un 21,4% segundo o INE (Instituto Nacional de...

Entrevista as dúas primeiras camariñás en recibir a vacina da COVID.

As primeiras camariñás en recibir a primeira vacina do COVID-19 foron Laura Rodríguez e María Oanes, dúas sanitarias que están a vivir a pandemia dende dous puntos de vista moi distintos e ao mesmo tempo complementarios: Laura traballa dende hai 2 anos e medio dentro da planta cardíaca do CHUAC e dende que se abriu unha UCI para casos COVID fai roldas nela. Hoxe por hoxe leva un mes de continuo nesta UCI para casos críticos de COVID-19. María traballa para a Fundación Adcor dentro da planta de coidados  a rapaces e rapazas con capacidades especiais dende hai 4 anos....