Kayak ata Ponte do Porto

Soto e O Soco, dúas leyendas de camarinas.eu sempre dispostas a mostrar ao mundo as belezas de Camariñas   Os Últimos Mohicanos Na sofocante e tropical tarde do domingo 23 de maio de 2010 tres leyendas vivas de camarinas.eu puxéronse en camiño para levar a cabo unha singladura de tintes épicos. Trataban baixo condicións extremas, cunha calor sofocante, a través dunha baixamar oceánica, de chegar en kayak ata a ponte romana que dende hai miles de anos reina sobre o Río Grande. Pero o que de verdade pretendían, influidos por toda unha vida de estímulos audiovisuais externos, era emular ao...

A Ruta dos Muiños de Auga

  Unha canle de pedra devorada pola vexetación esmorece xunto ao muiño ao que dou as súas augas Un patrimonio olvidado de Camariñas Hai unhas semanas, concretamente o 8 de marzo de 2010, camarinas.eu publicaba unha noticia acerca da restauración dun muiño de auga na parroquia de Xaviña: unha reportaxe acerca da recuperación dun patrimonio que esmorecía no máis total dos abandonos. Xa con anterioridade, no máis crudo do inverno, por intransitables camiños devorados literalmente pola maleza máis salvaxe e por infinitas corredoiras anegadas polas augas dun ano pródigo en choivas, a redacción de camarinas.eu embarcárase na odisea de descubrir...

Recollida das setas 2009

O noso redactor perruno Bénder andivo a procura de duendes e gnomos sen resultados satisfactorios A Camariñas da época das setas Estiveron ahí todos estes anos pero moitos non reparáramos nelas. Nos nosos camiños antigos, polas correduiras, cunetas, salpicados polos campos, crecendo sobre un tocón do que un día foi un esbelto pino, á sombra da luz agonizante, a carón sempre da auga, da humedade que lles da a vida. A súa corta vida. Ca chegada do outono e das primeiras chuvias un exército multicolor de setas, fungos, champiñóns, cugumelos ou como queira chamárselles apodérase do paisaxe camariñán otorgándonos un...

Viaxe ao conxunto rochoso de Penafreu

Lass, contempla absorto a Vila de Camariñas dende as alturas rochosas de Penafreu Viaxe aos confíns do mundo Nos confíns septentrionais da parroquia de Camariñas, máis alá incluso de Mourín, atópase dende o inicio remoto das eras xeolóxicas do planeta o conxunto rochoso de Penafreu. Territorio que marca a fronteira natural entre Camariñas e Xaviña, evocado na memoria colectiva por lendas apócrifas que falan dun antigo  e desaparecido asentamento da cultura castrexa, altura xeoestratéxica dende a que se dominan os catro puntos cardinais, tendo aos seus pés as vilas de Xaviña e Camariñas, á Ría do mesmo nome, o Santuario...

Reportaxe dos Cabazos de Camariñas

Corren épocas nas que os hórreos ou cabazos volven a estar de moda, alomenos en Camariñas, especialmente para Juan Salvador Gaviota (JSG), o usuario de camarinas.eu que convertío á cámara fotográfica nun apéndice máis do seu corpo biónico, o cal percorreu incansablemente as terras do Concello en artística peregrinación captando todos aqueles cabazos que durante tantos anos constituiron o graneiro que dou de comer a todo un concello en permanente autarquía económica para despois, a partir das épocas do desarrollismo español dos anos 60 caer víctimas dun feísmo que nos bos tempos do "ti fai" chegou ao seu paroxismo iconoclasta...