Unha exclusiva do usuarios de camarinas.eu

Mensaxe nunha botella Na punta do Boi foi atopada unha botella cunha mensaxe escrita en francés As 13:30 horas do martes 6 de novembro do ano 2007 na redacción de camarinas.eu recibeuse unha chamada dun fiel lector da web máis vista de toda A Costa da Morte na que nos informaba que fora atopada unha botella de auga cunha mensaxe dentro en idioma Francés. Pulsa na imaxe si queres ler tan abraiante historia. ...

Estreo oficial das alumnas da Escola Taller na Casa de Pedra de Camariñas

Con motivo dunha charla sobre a igualdade de xénero que tivo lugar na tarde do martes 30 de Outubro, as alumnas da Escola Taller Aldea Madeira que así o desexaron, fixeron a súa estrea oficial servindo un ágape preparado por elas mesmas a todas aquelas persoas do noso concello que non quixeron perderse tan interesante charla e se acercaron pola Casa de Pedra de Camariñas. Para ler a noticia completa e ver unha pequena galería das máis fermosas camareiras e cociñeiras da Costa da Morte en acción pulsa na foto principal. ...

Nova granxa de Prodemar en Merexo

Un pobo enteiro en pe de guerra En Merexo non quedou un poste sen o seu cartel de protesta A imaxe non podía ser máis impactante: todos os que hoxe percorreran o camiño que leva da Praia de Lago a Muxía ao pasar por Merexo verían centos de carteis contra a ampliación da granxa de Prodemar en Merexo, que o alcalde muxián Félix Porto defendeu nas noxas páxinas nunha recente entrevista. Nin un só poste telefónico  estaba libre do seu cartel correspondente, nin unha soa parede das casas que bordeaban a carretera carecía da súa pancarta. Merexo daba hoxe a imaxe...

Comenza unha nova Escola Obradoiro en Camarinas

Unha mañá na Escola Taller de Camariñas Con alumnas tan guapas esta escuela taller seguro que será un exito Este luns 1 de Outubro de 2007 comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera Oreiro" (C.I.E.)  sita na rúa Río do Prado e a segunda fase  terá lugar nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión integral...

Singladura nautica polo Vilan e Reira

Despois de moitos anos temos a oportunidade de ver o faro de Camariñas desde outra perspectiva. Este Sábado 4 de Agosto, da man dun dos nosos mariñeiros máis experimentados, Toñito, patrón da enbarcación "PIRUCO" recorremos todo o litoral Camariñán co obxectivo de sacar fotos do Faro Vilán antes nunca vistas. Iniciado este percorrido na Praia de Lingunde tuvo o seu final na Praia Grande de Reira acadando unhas fotos de gran valor estético do noso querido e fermoso Faro. ...