Percebeiros de Camariñas, unha reportaxe de Camarinas.eu

Camarinas.eu inicia unha serie de reportaxes adicada a cada un dos grupos profesionais que viven directamente do mar en Camariñas e que convertiron a nosa vila nunha das maiores potencias pesqueiras de Galicia. E como inicio desta xeira, unha reportaxe sobre o máis peculiar destes grupos: o dos percebeiros, a través dunha reportaxe que só podía facer a web líder da Costa da Morte, aderezada cunha impresionante reportaxe gráfica e un vídeo documental, tendo as sabias palabras dun percebeiro histórico de Camariñas, Manuel Pasantes García, como despedida. ...

O Tercer Reich en Camariñas - Unha reportaxe de Camarinas.eu

Retomando un tema xa apuntado nunha das seccións dos nosos colaboradores, esta redacción faise eco dun acontecemento ocurrido o 13 de agosto de 1943 e que situou a Camariñas no ollo do furacán da Segunda Guerra Mundial. A redacción de Camarinas.eu retoma a vía da investigación cunha reportaxe co selo de calidade característico da web máis importante de toda a Costa da Morte. ...

Resposta de Romain Chavantre

¡Bon Vent! Camarinas.eu publicaba o 7 de novembro de 2007 a reportaxe titulada "Mensaxe nunha botella", na que dábamos conta de que na Punta do Boi un usuario da web máis visitada da Costa da Morte atopara nunha botella de auga mineral unha mensaxe provinte da rexión atlántica francesa da Vendeé escrita polo que nos pensamos nun primeiro momento que era un rapaz de 7 ou 8 anos chamado Romain Chavantre. A redacción de camarinas.eu púxose en contacto co mesmo por correo ordinario e hoxe tendes aquí a resposta. Pulsa dentro para descubrir quen é en realidade este navegante á...

Stolt Sea Farm e a súa catarata no Vilán

O Ézaro camariñán Posta de sol no enclave onde está situado Stolt Sea Farm: Cabo Vilán É ben coñecido de todos que ata o de agora a única cascada da Europa continental que desembocaba no Oceano Atlántico estaba no paraiso natural do Ézaro, no Concello de Dumbría. Sen embargo nos últimos anos apareceu nen máis nen menos que na ensenada da Arnela, en pleno Faro Vilán unha segunda catarata se ben que esta é artificial e non tira auga pura precisamente. No interior desta noticia poderedes ler a carta que Diego Alonso escribeu o 17 de Setembro de 2007 no foro...

Os usuarios de camarinas.eu seguen a ser o corazón desta paxina

Outra mensaxe nunha botella Contido da botella que foi atopada na mañá do venres 9 de Novembro de 2007 Despois de que a semana pasada camarinas.eu publicara a exclusiva do achádego dunha mensaxe dentro dunha botella na Punta do Boi por un pescador deportivo, fiel lector desta web, nesta ocasión volve a ser outro usuario incondicional, unha rapaza, a que nos pon nas mans outra mensaxe atopada por unha pequena embarcación de Camariñas no medio do mar. A este paso, camarinas.eu, terá que pensar seriamente en abrir unha sección adicada a "Mensaxes nunha Botella" ...