Visita as Torres de Cereixo

En ocasións as credenciais de xornalista (aínda que sexa aficcionado) tan duramente gañadas a través da publicación ininterrumpida de 1.345 noticias en pouco máis de dous anos abren as portas de lugares normalmente pechados ao común dos mortais. Chámase a esto a forza e influencia do "Cuarto Poder", se ben esta non deixa de ser unha web humilde e enxebre que abusou da súa amistade con Santiago Fernández Puentes, arquitecto de profesión, actual vicepresidente do Club Náutico de Camariñas e propietario das Torres de Cereixo, para visitar unha das principais xoias arquitectónicas da Costa da Morte nun veraniego e soleado...

Expedición e conquista do Illote da Portuguesa

Aquí en camarinas.eu dixéramos que rematara a xeira de reportaxes adicadas ao conxunto de praias máis fermoso da Costa da Morte, o Areal de Reira, pero coñecendo o noso carácter, calqueira podía preveer que non deixaríamos escapar os fantásticos días veraniegos de comenzos do mes de setembro de 2009 sin colocar na nosa portada o seu correspondente reportaxiño, e así decidimos continuar a coronación dos principais cumes marinos do noso concello ca invasión e conquista do Illote percebeiro de A Portuguesa, desafío de menor entidade que o do Vilán de Fóra pero que tamén requerío unha esforzada expedición que ao...

Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.eu

Expedición e conquista do Vilán de Fóra A Bandeira de Camariñas ondeou por vez primeira sobre as cumbres do Vilán de Fóra da man de camarinas.eu Na tarde do domingo 16 de agosto do ano de gracia de 2009 dende os pantaláns do porto de Camariñas púxose en marcha unha expedición que tiña un obxectivo nunca acometido anteriormente por medio de comunicación algún: a invasión e conquista  do Vilán de Fóra, a pirámide faraónica que culmina o conxunto pétreo máis desafiante e dolorosamente fermoso das salvaxes terras da Costa Atlántica. A citada expedición, conforme as leyes e tratados internacionais,...

Reportaxes Camarinas.eu: O Metalico

Semellando ás illas dun arquipélago, centos de metálicos atópanse espallados ao longo do noso concello Archipiélago Metálico Desperdigados, espallados, ocultos no medio de bosques, montes e leiras un anónimo e poderoso archipiélago de metálicos cerca as heredades, fincas e predios camariñáns. A picaresca española elevada á categoría de arte pola necesidade fixo fortuna no noso concello reciclando moitos dos metálicos que daban soporte a aqueles mullidos e criminales colchóns de espuma que tantas espaldas arruinaron e tantos lumbagos trouxeron consigo. Despois de máis de dous meses de rastrexamento intensivo, camarinas.eu rende a debida homenaxe a unha das institucións camariñanas clave:...

Praia Grande de Reira en Camarinas

A Praia Perfecta Unha gran balea de area varada aos pes do Vilán, símbolo de sumisión ao máis fermoso dos faros Foi o pensador político británico do século XVIII Edmund Burke o autor dunha frase que sempre me intrigou e da que nunca cheguei a captar moi ben o seu sentido: "España, esa ballena varada en las costas de Europa". Digo esto porque xa que estamos falando de asociacións estranas, esa pequena illa alargada de area que se forma na Praia Grande de Reira con motivo das súas oceánicas baixamares sempre me recordou a unha balea varada na máis espectacular das...