Portada do Boletín das Festas do Carme de 1986

Portada do Boletín da Festa do Carme de 1986

Tal e como acontecera ca reportaxe publicada o 20 de maio do 2008 relativa ao Faro de Camariñas, "Boletín do Casino Recreo de Camariñas", confeccionado con ocasión das Festas do Carme de 1981, nesta ocasión foi a nosa querida e admirada usuaria Sefa quen nos fixo chegar no Café Bar Arnela o Boletín das Festas do Carme de 1986, publicado pola Asociación de Amigos de Camariñas con motivo das Festas dese ano. E é que para todos aqueles que o recorden, as Festas do Carme de 1986 resultaron ser moi especiais dado que ata tiveron paracaidistas deportivos, o vo dun globo aerostático e un pregoneiro de luxo, como resultou ser o que daquela era o Director da Radiotelevisión Galega. Todo elo noutra reportaxe co selo de calidade indiscutible da web que fixo de Camariñas o epicentro xornalístico desta Franxa Atlántica e que segue a recordar todas aquelas iniciativas xornalísticas que antecederon no tempo á aparición do xigante cibernético da Costa da Morte.

 

Imaxe con catro dos membros da Comisión das Festas do Carme de 1986
Imaxe con catro dos membros da Comisión das Festas do Carme de 1986

¿As mellores Festas do Carme que se recordan?

Para poder mellorar as nosas Festas do Carme e facer das mesmas as mellores da Costa da Morte, tal e como lle corresponde a unha vila da importancia, empuxe e potencial do de Camariñas, temos que voltar a vista ao pasado para fixarnos naqueles anos que deixaron unha impronta indeleble no pobo camariñán e nos que as cousas se fixeron especialmente ben. Por eso, queremos traer ás nosas páxinas a memoria das Festas do Carme de 1986, que quedaron no imaxinario colectivo de Camariñas como as mellores en moito tempo.

Efectivamente, aquel ano distintos sectores fixeron unha tentativa especial en aunar vontades e esforzos, así á labor desenrolada pola Comisión de Festas hai que sumarlle a levada a cabo pola Asociación "Amigos de Camariñas", na que tal e como sucedera co Faro de Camariñas, Boletín do Casino Recreo de Camariñas, elaborado con motivo das Festas do Carme de 1981, andaba polo medio o noso amigo e usuario Xosé Luis Blanco Campaña, presidindo a citada asociación da que formaban parte entre outros Carlos Fuentes, Tareixa Rego ou Antonio Puertas Lema. Da man de Xose Luis e co patrocinio da Caixa de Aforros de Galicia, elaborouse un cuidado en canto a maquetación boletín que foi distribuido gratuitamente pola nosa parroquia e no que ademáis das novedades introducidas aquel ano nas nosas festas, se repasaba dende un punto de vista histórico diversas datas claves do pasado, como a da Procesión de 1928 cunhas fermosas fotografías, se facía un percorrido histórico exhaustivo acerca do noso Faro Vilán ou se publicaba o poema de Manuel Corral Casanegra "Auras de Camariñas" aparecido en Montevideo (Uruguay) en 1912  no número 35 da revista "Vida Gallega".

Recordo da Procesión de 1928
Recordo da Procesión de 1928

Aquel ano de 1986, que ven a coincidir cun dos mellores Mundiais de fútbol que se recordan, o de México 86 que encumbrou definitivamente aos altares futbolísticos a un xenio (por desgracia só nos campos de fútbol) como Diego Armando Maradona, existía unha Comisión de Festas formada por Xosé Manuel Tedín Arén (vicepresidente), Xosé Luis Rodríguez Tajes (presidente), Xosé Manuel Ramos Canosa (tesoureiro) e Antonio Lista Campaña, Xoán Campaña Castro, Xosé María Luaces e Vicente María Quintana como vocais. Como decíamos, aos grandes esforzos que como tódalas Comisións que se recordan desarrollou a de 1986, ese ano se sumou a labor realizada pola citada Asociación de Amigos de Camariñas, que ademáis de publicar o libriño que xustifica a realización da presente reportaxe, levou a cabo importantes esforzos que fixeron que as Festas do Carme de 1986 foran especiais. Así, ese ano os camariñáns, ademáis das orquestas, bandas, os fogos artificiais, a sardiñada ou a insustituible Danza de Arcos, poidemos desfrutar por vez primeira vez de paracaidistas deportivos do Paraclub de Vigo saltando polos aires camariñáns ou incluso de ver navegar polo virxinal ceo da Vila dos Encaixes un globo aerostático. Outras novidades importantes correron a cargo de Don Xerardo Rodríguez, daquela Director da recente Radiotelevisión de Galicia e presentador do programa de televisión "Galicia de noite" do que seguro moitos dos nosos usuarios se acordarán, que foi o encargado de ler o pregón das festas; pero o punto forte foi a actuación do Ballet Mariachi da Universidade de Colima, México, composto por nada máis e nada menos por 45 artistas chegados a Camariñas dende a lonxana terra na que se ambientaba unha das novelas máis importantes do século XX: a gran "Pedro Páramo" do mexicano Juan Rulfo. Como era de preveer, nun pobo no que a cultura popular e folklórika mexicana tiña tanta importancia, a actuación destes artistas causou un enorme impacto e ledicia que aínda hoxe se recordan na nosa vila entre todos os seguidores das "mexicanadas".

En definitiva, o Programa das Festas do Carme de 1986 foi variado e completo tal e como correspondía a un pobo da importancia mariñeira da Camariñas daqueles tempos, cun porto cheo a rebosar de barcos de gran envergadura (Lubina, Sirena del Mar, José Ramona, Lago Dos, Siro, Beti Donosti, etc) ben dedicados á sardiña, ben ó Canto, cun conxunto de capturas de importancia demoledora tal e como ben recorda o citado Boletín das Festas de 1986, o cal ademáis nombra un por un aos patróns das citadas embarcacións camariñanas. En todo caso, debemos extraer da experiencia de 1986 as leccións precisas, ver que só aunando esforzos dos distintos sectores da sociedade civil de Camariñas poderemos ter unhas Festas da altura das de 1986, porque ¿quen sabe se os mellores días das nosas Festas do Carme aínda están por vir?

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 11/08/2008 14:18
mui bonito diego fas majas grasias sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 11/08/2008 17:29
desde lojo muy pouquiños barcos quedaron pero así e a vida.
Daquela había muy boas festas pero ahora tamén se poden faser ainda que non sea con orquestas de tantos cartos.
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
0 # hay que cooperarcurrodetras 11/08/2008 19:47
ojalá esten por vir as millores festas do CARMEN,pero na miña opinion,dudo que se volvan a repetir,hay muito que traballar e que cooperar... primeiros Combate Naval fogos artificiais... facer festa tamén de dia entretenementos ,tiro da corda,,carreira de sacos,mexicanos .. primeira vez guste ou non Ana Kiro unha artista con renombre(fixo que Camariñas,non collese a xente na festa.etc...non sei si este mismo ano habia regatas de traineras?
Penso que ten muito que cambiar,para que se podan repetir
un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador