4.9444444444444 1 1 1 1 1 Rating 4.94 (72 Votes)

Cando en Camariñas reinaban os cines

Imaxe tomada durante a actuación de Antonio Molina no Cine de Arriba en 1969
Imaxe tomada durante a actuación de Antonio Molina no Cine de Arriba en 1969

camarinas.eu afronta nesta reportaxe co selo indiscutible de calidade da web líder desta franxa atlántica aquela época na que en Camariñas o cine era o rei. Aquela época na que moitos camariñáns madrugaban para ver o que as dúas carteleiras dos cines da vila lles ofrecían ese fin de semana, cando o séptimo arte era un modo de vida, onde incluso Antonio Molina chegou a cantar nun Cine de Arriba cheo ata os topes. Esta primeira reportaxe está adicada ao Cine Moderno, tamén coñecido como Cine de Corea ou de Arriba, cunha lembranza especial dun visitante asiduo ao mesmo: Juan Camariñán.

Cando en Camariñas reinaban os cines

Doña Francisquita y Doña Franciscota no escenario do Cine Moderno en 1966
Doña Francisquita y Doña Franciscota no escenario do Cine Moderno en 1966
Nun daqueles trepidantes e frenéticos anos do "Desarrollismo español" dos anos 60 nos que vivía enfebrecida unha nación que daba os primeiros pasos da longa marcha que un día a levaría ao primer mundo, concretamente en 1964, tres camariñáns pioneiros, Mariano Vidal, Juan González e Daniel Rego, decidiron constituir unha sociedade para explotar o Cine Moderno, o Cine de Corea. Durante máis de vinte anos aquel local enorme do nacente e puxante barrio de Corea sería unha das arterias vitais de Camariñas onde as ilusións e risas, as esperanzas e bágoas, os soños e frustracións de gran parte dos seus veciños atoparían un adecuado cauce de expresión.
Película debut do Cine Moderno
Película debut do Cine Moderno
A primeira película elexida un lonxano 3 de outubro de 1964 para inaugurar o Cine foi o clásico dos films de aventuras "Las Minas del Rey Salomón" interpretado por un galán de clase media, Stewart Granger, e a gran Deborah Kerr. A recaudación daquel sábado (2.737 pesetas) non foi suficiente para cubrir o custo de alquiler das bobinas do film (2.819 ptas.), tendo que acudir no rescate dos donos para lograr o primeiro superávit a lexendaria cantina, durante tantos anos rexentada por Carmuchita, cunha recaudación de 2.570 pesetas da época. As películas chegaban no Finisterre do venres, e eran expostas ao gran público cinematográfico camariñán en catro sesións os sábados e domingos, para de inmediato, o mesmo domingo a noite, ser embarcadas noutro dos seus perpetuos viaxes de autobús polas tristes carreteras daquela España cara unha sesión continua que só remataría o día en que a cinta morrese cas botas postas queimándose nalgún destartalado proxector de cine de pueblo. Eran as épocas en que os cines reinaban en Camariñas: cando a Praza do Concello enchíase ata os topes de coches provintes de todos os contornos; cando unha estrela nacional da canción, Antonio Molina, actuou no escenario do Cine Moderno en 1969, cando os NO-DOS preludiaban as películas coa súa inesquencible banda sonora e de cando Mariano patrullaba ca súa linterna punitiva para evitar tocamientos impuros ou escándalos innecesarios.
O maior éxito acadado polo Cine de Arriba foi cunha película ambientada nas terras do sur dos USA, o tamén coñecido como "Cinturón Bíblico", e de temática esclavista: "La cabaña del Tío Tom". Non sabemos o que verían os camariñáns neste drama racial pero o certo é que o seis de xaneiro de 1967, Día de Reyes, acadou a suma récord de 5.297 pesetas cunha cantina que chegou literalmente a estourar a base de refrescos e chiquitos.
Despois viría a competencia durante longos anos co Cine Rialto, o Cine do Campo propiedade de Vicente Carril, os anos da dualidade na alma de Camariñas entre México (Pedrito Fernández, Antonio Aguilar, Mario Moreno "Cantinflas", etc...) e Hong-Kong (Bruce Lee), todo aquelo ata un día nos anos oitenta no que chegou o vídeo a Camariñas, provocando un lento declive dos dous cines que levaron, tras unha viaxe pola Arxentina, a Juan do Andaluz o día de fin de ano de 1985 a tomar a decisión de pechar o Cine de Arriba, e despois, tras un breve intento en solitario, a Vicente Carril a pechar o de Abaixo. A película elexida para pechar un local clave na Camariñas das dúas décadas anteriores era unha antiga obra mestra dos western: "Duelo de titanes" interpretada por Burt Lancaster e Kirk Douglas e que tivo uns pobres resultados de recaudación (15.085 pesetas de 1985). Os tempos eran cambiados, o progreso material chegara á Vila dos Encaixes e con el o gran culpable da morte dos cines en Camariñas: o vídeo, polo cal pódese decir, recordando aquela letra da famosa canción de [[The Buggles]] de 1981, que en Camariñas o Vídeo matou á estrela do cine ("Video killed the Cinema Star").
 

Unha lembranza: Cine moderno (o Cine de Corea)

As interpretacións teatrais da xuventude de Camariñas non puideron ter mellor escenario
As interpretacións teatrais da xuventude de Camariñas non puideron ter mellor escenario
Si se fala de mocedade, e dos recordos que dela temos, a maioria de nos vennos de repente a cabeza os cines que en este pequeno pueblo reinaban: en eles conocemos a nosas mozas, en eles practicamos as nosas primeiras experiencias de puberta, por eles florecia a nosa imaxinacion pa xuntar cartos pa entrada, un peso pa o futbolin, duas pesetas pa pipas, e unha pa o chicle de bola, aljunha calderilla pa que sonara no bolsillo pa chulearse diante das mociñas, e xa mais adiante pa un pitilliño pa compartir. Que tantos bicos se roubaron diante de Espartaco, que tantos gritos co Septimo de caballeria, que tantos animos pa Tarzan, que valientes nos faciamos con El Santo, que tantas veces cabalgamos polo lexano oeste, e que risas con los Hermanos Marx.
Recordos que nos levan a recoller a entrada na minuscula ventanilla na que despachaba Dosinda, un vaso de Revoltosa que nos vendia no bar Carmuchita, as entradas que nos collia Mariano, o respecto que impoñia Juan do Andalus, e o perfecto maquinista que era Daniel do tunel.
Recuerdos da musica de altavoz chamando a primeira sesion, por suposto prohibida en Semana santa; recuerdos de ruido de pipas, e de olor a Varon dandy; dos bancos de madeira sin respaldo de diante; das butacas de sube y baja; do palco de arriba e do foque indiscreto de Mariano; do fume polo medio da luz da película; dos descansos que decian –visite nuestro bar-; dos nodos franquistas; dos recortes da censura, e xa mais a diante dos primeiros destapes das películas de Fernando Esteso e Pajares. Que tempos aqueles de madrugar pa ver as carteleras, que tempos en que Camariñas era o centro de diversión da Costa da Morte: hasta aquí acercabanse mocedade de Camelle, Arou e Santa Mariña, da Ponte do Porto, Xaviña e hasta de Muxia.
O apogeo do Cine Moderno viviose co concerto de Antonio Molina, as actuacions das primeiras Vedettes, os bailes de carnavales amenizados por xente do pueblo, e as actuacións de fin de curso. O ocaso viviose co maldito video, primeiro en salas improvisadas nos bares, e despois cas secions xa caseras pa familias enteiras, en estos sitios escibianse películas pirateadas de casi estrenos, cas cales os cines non puderon competir, fui unha morte anticipada de estos lugares de culto. Lastima.
E por eso que quero homenajear a este lugar de encontro da mocedade, sitio de festas, de emocions, de información dos nodos, de dias de lagrimas e dias de risas, en fin querese recordar o gran CINE MODERNO (o Sine de Corea) regentado por unha sociedad constituida por Mariano Vidal, Juan Gonzalez e Daniel Rego.
Outro dia tocaralle a o Sine do Campo, por suposto outro gran sitio de recuerdos pa os Camariñans.
 

Comentarios   

mantida
0 # mantida 22/04/2008 18:30
creo que conoso aljúns da foto da portada,nos primeiros rapases ,lliña,claudio da carballeira,un pouco más atrás barca da cochera,más atrás maruja de penedo,a que está o ladode jafas non me acordo do apodo vive un pouquiño mas arriba ca juansiño o pintor,detrás a irman de carmen da pandorca e a sejunda que está o lado creo que é susa a irman de toñita e laura.
bon boa de comer pipas e ver películas de kunfu,vaqueros e de medo,tambén o pasábamos.
Responder | Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 22/04/2008 19:55
Este reportaje e un dos mellores que bin por esta paxina sin duda o mellor,porque asi a xente nova coma nos,sabemos que habia cines e todo en camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # cinerubiasexy 22/04/2008 21:08
mui bonito mirao milla sobriña pilarita que juapa esta quen lle dera asi e grasias diego
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
0 # pepewells 22/04/2008 21:18
El pasado se hace realidad en el presente a través de otro reportaje sensacional de la mejor redacción que sin duda pueda existir a día hoy en el periodismo amateur. Sobriedad, concisión, documentación y humildad. Perfecto.
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 22/04/2008 23:46
Recordo con gran añoranza,que o cine era a ilusión de todo xoven,pois alí demos os primeiros viquiños cos noivos do seu momento,e si che poñía a man un pouco arriva da rodilla,xa lle caia un cachete,normalm ente nos poñíamos detrás de todo,pero principalmente subíamos pra parte d,arriva,!QUE TEMPOS!
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 22/04/2008 23:56
de todas formas sigo alucinándo cos reportaxes que facedes¿Que pasa, que xa sodes profesionales ou qué?Porque meus filliños esto e un escándalo,cada día nos impresionades más.!aprendedes moy deprisa!.De todas formas un DEZ outra ves,saudos
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 23/04/2008 09:32
TA BEM BUNITO STE REPOTRAGE,OGALA HUBERA AORA UN SINE EN CAMARIÑAS PA QE A JUBENTU NOM ANDUBERA TIRADA POLAS CALLES E ALI PUIDERA SUNTARSE TODAA MOSEDA
Responder | Denunciar ante o administrador
Noelia
0 # Noelia 23/04/2008 13:19
Vou boa de reirme coas historias que me contaba meu pai sobre os cines. Siempre me decia que el e meu abuelo Fulias andaban cerca dos cines vendendo castañas recien feitas (cando era o tempo claro) e meu pai siempre iva con el e así collía empachón e coa excusa de vendelas siempre via as peliculas os cachiños desde a porta. Siempre lle gustou contar as historias de eses anos, sobre todo polo que decia lusina dos primeiros biquiños JAJAJAJAJA
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 23/04/2008 13:36
A ver si alguén se acorda da representación de un ballet, si, un de eses de tutús, pantys e esas cousas, eramos muy pouquiños vendoo, totalmente o revés de cando actuou Antonio Molina.
Responder | Denunciar ante o administrador